As axudas da Xunta ao galego nos centros docentes públicos non chega nin ao 20% dos importes solicitados

Constátase a irrelevancia das axudas á dinamización e normalización da nosa lingua e a desidia na súa tramitación

28-X, Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade

A CIG esixe a equiparación de dereitos, rememorando a revolta de Stonewall, 50 anos despois

Publicada a resolución que fixa os prazos do CADP

O prazo ordinario de participación vai do 27 de xuño ao 17 de xullo

2020, ano Carvalho Calero

Na CIG-Ensino sumámonos ao entusiasmo suscitado desde que se coñeceu o pasado 22 de xuño que o Día das Letras Galegas 2020 estará adicado a Ricardo Carvalho Calero

A Consellaría teima en apostar polo inglés desaxustando os currículos dos ciclos formativos

A CIG-Ensino considera que esta medida vai ter efectos negativos na formación do alumnado e que reducirá a carga docente do profesorado dos módulos profesionais.

Sorte, compañeiras!

Mañá ás 9 de mañá todas tedes que estar nos lugares designados para os vosos tribunais

Educación prioriza só a FP dual de cara á oferta formativa do vindeiro curso desatendendo as máis de 40 demandas dos centros educativos

Nun contraste rápido da oferta presentada hoxe pola Consellaría detectamos que só foi atendida a petición dun ciclo de FP básica de Electrónica e Electricidade en Tomiño das máis de 40 que nos trasladaron desde os centros.

As organizacións sindicais do ensino non acoden ao Consello Escolar de Galiza pola ausencia de negociación coa Consellaría de Educación

Nos últimos anos non se creou ningunha comisión de traballo neste órgano, nin sequera ante o debate da reforma educativa.

O traballo dos centros e da CIG Ensino volve dar resultados

Conseguidas 14 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento

A CIG-Ensino denuncia os numerosos erros e cambios nas oposicións deste ano

Solicita que a administración refaga nun só documento todas as correccións de erros para que ningunha persoa opositora poda verse prexudicada por non ler unha corrección de erros

Negociación ou mobilización

Quizais quixo dicir:

< Decembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        
Outros 12 Decembro 2025
Interinidades en cátedras de CMUS

Ábrense listas para cubrir substitucións nas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas de clave, composición e canto de jazz.

Outros 12 Decembro 2025
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de profesorado do corpo de música de acordeón, clave e fundamentos de composición. 

Outros 12 Decembro 2025
Interinidades de portugués

Anunciada a convocatoria para cubrir listaxe de interinidades e substitucións na especialidade de portugués de EOI.

DOG 11 Decembro 2025
Inmersión lingüística en inglés

Convoca a Consellaría o programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.

DOG 10 Decembro 2025
Interinidades en portugués

Publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións en portugués de secundaria.

DOG 10 Decembro 2025
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de PESSFP  de mecanizado e mantemento de máquinas.