Non á censura!

A CIG-Ensino denuncia as presións que se están exercendo dende a administración educativa aos centros educativos para tratar de paralizar as mobilizacións que demandan medios e recursos

A CIG-Ensino solicita reunión urxente da Mesa Docente estatal para a aplicación inmediata da puntuación como persoal interino no concurso de traslados

A medida non afectaría ao profesorado galego, xa que a puntuación xa se aplica desde 2013 mais evitará os problemas polas diferentes puntuacións xa que Galiza era a única comunidade en aplicalo

O curso comeza con 747 prazas para substitucións e interinidades sen cubrir

Ao xa caótico comezo das actividades lectivas por mor dos recortes, a falta de material e as improvisacións da Consellaría (PROENS, currículos…) únese un alarmante número de prazas vacantes

A comunidade educativa rexeita os recortes da Xunta e pide garantir un ensino público de calidade

Esta mañá leváronse a cabo mobilizacións conxuntas por parte de profesorado, familias e alumnado tanto nos centros educativos como fronte á Consellaría de Educación

CIG-Ensino exixe a convocatoria inmediata das licenzas por formación e que non diminúa o seu número pola incapacidade de xestión da administración

O sindicato insta á Consellaría a ampliar as actuais licenzas para dar resposta ás necesidades do profesorado e poñer fin aos recortes en formación

Un comezo de curso pospandémico? A “volta á normalidade” dos recortes e do abandono do ensino público

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, fixo unha avaliación da situación do inicio deste curso e anunciou as concentracións que van ter lugar este mércores día 7 contra os recortes da Xunta

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a responder aos recortes da Xunta

Promove unha resposta descentralizada nos centros educativos na véspera do comezo das clases, o día 7 de setembro, ademais dun acto central diante da Consellaría.

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría financia no ensino concertado medidas de atención á diversidade que lle nega ao ensino público

Hoxe publícase no DOG a Orde que regula as axudas a centros privados concertados para atender a alumnado con NEAE, dotadas con 450.000 euros

A Consellaría manipula o profesorado en prácticas para procurar que asista a un acto “de benvida” non obrigatorio

Logo do fracaso da xornada dirixida ao corpo de mestres, desde a Consellaría enviouse un SMS mentindo e cualificando como obrigatoria unha actividade totalmente voluntaria e cun marcado carácter propagandístico

A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades impide o aumento de prazas dos mestrados de secundaria

A CIG evidencia unha vez máis este problema nos Consellos Sociais das Universidades de Santiago e Vigo

Incidencias na adxudicación provisional do CADP

Trasladamos información de interese logo de contactar coa Consellaría sobre algunhas incidencias que detectamos e que nos comunicades. 

Información da mesa sectorial estatal sobre a orde marco de concurso de traslados

Na mesa sectorial do estado celebrada o 26 de xullo

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 19 Xuño 2025
Proxectos de fomento do galego

Concede a Consellaría a as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego do curso escolar 2024/25.

DOG 18 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio

Publica o DOG o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

DOG 18 Xuño 2025
Lingua galega en Londres

O DOG publica o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido).

Outros 17 Xuño 2025
Cursos CELGA e de linguaxe administrativa

Anuncia a Consellaría a convocatoria de cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas no curso académico 2025/26.

Outros 17 Xuño 2025
Préstamo de libros de texto

Publicada a regulación do fondo de préstamo de libros de texto, Fondo E-Dixgal, para centros participantes no programa E-Dixgal para o curso escolar 2025/26.

Outros 16 Xuño 2025
Bacharelato de ciencias e tecnoloxía

A web da Consellaría publica a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2025/26.