resultados

O incremento de profesorado é insuficiente e non pode ocultar todas as demandas non atendidas pola Consellaría
CIG-Ensino denuncia que o logro conseguido pola presión social implica un incremento duns 650 postos de traballo en secundaria, quedando lonxe de cubrir todas as necesidades dos IES e desprezando a profesorado e alumnado de Infantil e Primaria

Profesorado concéntrase nos centros de ensino para esixir diminución das ratios e distancia de seguridade en todas as etapas educativas
Esta mañá leváronse a cabo concentracións ás portas dos centros de ensino de todo o país para reclamar máis seguridade nas aulas

Publicada a resolución definitiva do CADP
Tamén podedes ver as instrucións da toma de posesión e un estudo das vacantes sen adxudicar

CIG-Ensino esixe transparencia na dotación de profesorado e na xestión dos contaxios e das corentenas, rexeita o uso de mamparas e reclama garantías para a semipresencialidade
Desde o sindicato manifestan que existe moita confusión nos centros educativos sobre situacións para as que a Consellaría non ten instrucións claras e que non son públicas, como a xestión dos contaxios e de quen debe gardar corentena

A Consellaría de Educación mantén para a folga do 23 os SERVIZOS MÁXIMOS
Pretenden implantar uns servizos mínimos contestados polo comité de folga e que volveremos recorrer perante o TSXG en canto se publiquen no DOG

A comunidade educativa clama por un protocolo que garanta a seguridade e a saúde e que non discrimine por centros nin etapas educativas
Profesorado, alumnado e familias concentráronse esta tarde en 25 localidades galegas convocados pola CIG-Ensino, outras tres organizacións sindicais, as dúas confederacións de ANPAs e dúas organizacións estudantís

CIG-Ensino denuncia criterios contraditorios e irregulares no tratamento dos centros de secundaria
Esiximos unha corrección inmediata das instrucións da Consellaría para garantir a presencialidade e o metro e medio de distancia en todos os centros nos que sexa posíbel e así o teñan demandado

A CIG-Ensino denuncia outra agresión máis ao ensino público co peche da unidade de primaria da Escola de Verducido
De igual forma manifesta o seu apoio á denuncia presentada polos pais

A CIG-Ensino insta por carta ao conselleiro de Educación a dotar os centros de material de protección axeitado
Hoxe coñecéronse os primeiros centros afectados por peches de aulas e reacomodación de alumnado, cando aínda non está operativa a aplicación EduCovid, polo que demandamos a súa urxente posta en funcionamento.

A CIG-Ensino chama a toda a comunidade educativa a participar masivamente nas concentracións do mércores
As concentracións levaranse a cabo ás 19 horas en 24 localidades de todo o País

Adiada a folga do día 16 para o 23
As organizacións sindicais CIG, CCOO, STEG e CSIF como comité da folga convocada para o 10 e 16 de setembro acordan modificar o segundo día da convocatoria

Publicadas as solicitudes aprobadas ou denegadas de comisión de servizos de saúde por causas sobrevidas
As persoas que resultaron aceptadas terán un novo destino provisional este curso que se coñecerá cando se publique a resolución definitiva do CADP

A Consellaría atrasa unha semana o inicio de curso en secundaria e FP pero non aclara se seguirá garantindo a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros
Froito do caos organizativo e dos bandazos dados, a Xunta non tivo máis remedio que adiar unha semana o comezo do curso, que lle foi comunicada simultaneamente á prensa e ás organizacións sindicais e ANPAS.
páxina 87 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |