resultados

A CIG-Ensino urxe á administración galega a que leve á Mesa Sectorial a proposta para adaptar o Real Decreto de avaliación
O sindicato considera que nin o Ministerio nin a Consellaría poñen no centro de atención a profesorado e alumnado

Convocatoria do Ministerio para docentes e asesorías no Exterior
Publicáronse hoxe, 26 de novembro, no BOE as convocatorias do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a adscrición de docentes e asesorías en diferentes estados do mundo

A Consellaría aclara para quen deben mercar máscaras FFP2 os centros educativos
Os centros deberán mercar máscaras para o profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Infantil

A gran festa final do Correlingua 2021 na vila de Foz
300 alumnos e alumnas de centros educativos da contorna focense vibraron en directo coa actividade lúdica e educativa organizada na defensa do galego

CIG-Ensino confirma a súa posición favorábel ao papel central das equipas docentes, a avaliación continua e o reforzo da atención ao alumnado
O secretario nacional da CIG-Ensino participou nunha reunión á que foi convocado polo conselleiro de Educación para coñecer a opinión sindical sobre o novo RD de avaliación na que Bermello afeou o uso partidista do cargo por parte do conselleiro

Asinado o acordo que recoñece ao profesorado axudante doutor da USC o dereito a participar na convocatoria de sexenios de investigación
Este acordo, que terá efectos xa na convocatoria de Sexenios de 2021, súmase a outros logros sindicais no recoñecemento de dereitos do PDI laboral, nos que CIG-Ensino está a ter un papel protagonista e impulsor

A vila de Verín festexa o Correlingua 2021
Os John Deeres actuaron na festa do galego para desfrute dos asistentes

Garántese a extensión dos dereitos de reprodución asistida no réxime xeral e en MUFACE
CIG-ENSINO congratúlase do avance nas condicións de acceso á reprodución asistida para mulleres sen parella, lesbianas e transexuais tras a modificación da carteira de servizos comúns do sistema sanitario

Nova orde de Atención á Diversidade publicada no DOG o 26 de outubro de 2021
Corroboramos coa publicación da Orde do 8 de setembro de 2021 a oportunidade perdida por parte da Consellaría de Educación de adaptar a normativa á realidade e ás necesidades que hai nos centros

Toda a información sobre a nova regulamentación da avaliación, a promoción e a titulación no sistema educativo
O Ministerio de Educación vén de publicar no BOE o Real Decreto 984/2021 polo que se regula a avaliación e promoción na Educación Primaria e a avaliación, promoción e titulación na Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional

Comunicado da Área Pública da CIG sobre a situación actual da reforma do EBEP
A Área Pública da CIG (Ensino, Administración e Saúde) fai pública a súa valoración sobre a situación derivada da actual tramitación parlamentaria no Congreso para modificar o RDL 14/2021

A CIG chama ás familias da Mariña a apoiar a FOLGA XERAL do 17N non enviando ás fillas e fillos aos centros educativos
O PP aplica de novo o boicot ao dereito de folga das e dos docentes e persoal non docente coa escusa da pandemia
páxina 62 de 310