resultados

A CIG-Ensino non asinou o XI convenio colectivo de centros de ensinanza privada regulada sen ningún nivel concertado
Un convenio máis as patronais, coa complicidade das organizacións sindicais estatais, consolidan a precariedade no sector ao asinarse o XI convenio sen melloras laborais, mínimos avances sociais e con aumento da perda de poder adquisitivo dos salarios
Información da mesa sectorial do estado para a negociación da modificación do RD de acceso e ingreso
A mesa desenvolveuse o martes, 21 de decembro

A Fundación Camiña Social cun superávit de 6 millóns de euros négase a subirlles os salarios ao seu persoal
Traballadores e traballadoras da Fundación Camiña Social mobilízanse diante do Centro de Menores Concepción Arenal na defensa dos seus dereitos e por uns salarios dignos
A orde de avaliación presentada pola Consellaría crea máis incertezas e problemas dos que resolve
A CIG-Ensino considera que o borrador presentado pola Consellaría non dá resposta ás dúbidas creadas pola falta de entendemento entre a administración galega e a estatal en todo o relacionado co desenvolvemento da LOMLOE, como no tema de avaliación

A CIG-Ensino reúnese no seu Consello Federal para tratar os retos e a acción sindical do segundo trimestre
O sindicato maioritario do ensino público en Galiza analiza a situación da educación en Galiza e céntrase na loita contra os recortes da Xunta
Representantes da CIG-Ensino concéntranse coincidindo coa Mesa Sectorial para denunciar recortes educativos
O sindicato acompañou a reunión da mesa de negociación cunha protesta contra o que denominan a pandemia dos recortes

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría xa non vai cubrir as baixas docentes até 2022
Nas dúas últimas semanas do trimestre e cun rebrote importante da COVID os centros non verán cubertas as baixas do profesorado

CIG-Ensino insta ao Ministerio de Educación a negociar canto antes o futuro do sistema de ingreso no ensino público
Unha vez aprobada no Congreso a reforma do EBEP e o plan de estabilización, o sindicato considera que se deben despexar todas as dúbidas sobre os procesos selectivos do persoal docente

A Consellaría mantén o silencio sobre a situación COVID nos centros educativos
A CIG-Ensino denuncia que a Administración educativa está ocultando información sobre o grave empeoramento da situación da pandemia

A Consellaría volve modificar o catálogo de postos de traballo docentes de mestres e mestras
A modificación, presentada como unha corrección da anterior, aínda contén algúns erros segundo a CIG-Ensino

A Consellaría descarta novamente a continuidade dos contratos ARCO
Por segunda vez no que vai de trimestre a CIG-Ensino instou á Administración a prorrogalos máis alá de decembro

CIG-Ensino reclama pasos adiante nas universidades galegas para o pago íntegro das pagas extras
O sindicato maioritario diríxese ás tres universidades demandando que se negocie en cada ámbito a aplicación de normas para as pagas extras coas que xa conta o persoal doutras administracións no ámbito galego
páxina 61 de 310