O Ministerio dá por pechada a negociación sindical do Proxecto de RD que modifica as ratios de infantil, bacharelato e FP

A principal novidade do último texto presentado é o atraso até o curso 30/31 da implantación completa da baixada na FP básica a 15 estudantes por aula, dous cursos máis do anunciado en xullo.

A nova proposta do Ministerio segue a ser insuficiente ao propoñer un calendario de redución de ratios a 6 anos vista e con excepcionalidades

Na segunda reunión do grupo de traballo para negociar as condicións “de desempeño docente” a CIG-Ensino reiterou que se elimine a excepcionalidade que permite chegar a 20 horas lectivas en Secundaria e outras ensinanzas.

A CIG esíxelle ao MEFP o mesmo trato para o galego que para o castelán nas probas ABAU

O Ministerio fixo varios cambios no Proxecto de Real Decreto que regula a proba de acceso á universidade entre os que destaca a non obrigatoriedade de examinarse de Lingua Galega e Literatura II

A CIG-Ensino mantivo unha reunión co Ministerio de Educación e FP

O secretario nacional do sindicato deu traslado das cuestións máis urxentes para o profesorado no ámbito competencial do MEFP

A CIG-Ensino trasladoulle á ministra de Educación as demandas urxentes do profesorado galego

A reunión tivo lugar no Ministerio de Educación, no seo dun encontro da titular do MEFP cos sindicatos da Mesa Sectorial do Estado.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 28 Outubro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros que participarán na fase autonómica do programa “Observa_Acción” durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

Outros 28 Outubro 2026
Plan de mellora das bibliotecas escolares

Anúnciase a resolución definitiva cos centros que participarán no Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Prácticum de secundaria

A web da Consellaría publica a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 27 Outubro 2026
Plans de formación permanente do profesorado

Resolución provisional na web da Consellaría coa relación de centros educativos públicos con novos plans de formación permanente do profesorado no curso 2026/27.

Outros 27 Outubro 2026
Centros para 'Ponte...nas Ondas!'

A web da Consellaría publica a relación definitiva de centros seleccionados para participar na rede de centros 'Ponte... nas Ondas!' para o curso 2026-2027.

Outros 27 Outubro 2026
Centros CUALE

Publicada a listaxe definitiva de centros docentes autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, durante o curso 2026/27.

Outros 26 Outubro 2026
Plan Eduemprende

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2026-2027.