Mantense un alto índice de provisionalidade no ensino público sen mellorar as condicións de traballo docente

Novamente un 28% do profesorado provisional de secundaria e un 13% de mestres impartirán materias das que non son especialistas.

Publicada a nova resolución provisional do CADP de secundaria

Reclamacións e renuncias até o 3 de setembro na sede electrónica da Xunta

A Consellaría modifica o cadro de persoal de Infantil e Primaria eliminando 54 unidades

O novo catálogo inclúe a creación de novas prazas de PT e AL compartidas, sen que se negociase previamente na Mesa Sectorial as condicións para regular as súas condicións

A Consellaría debe deixar a propaganda e garantir a transparencia e un verdadeiro concurso-oposición docente

Confírmase a denuncia feita pola CIG-Ensino de que a Consellaría inflou as prazas convocadas a través da oferta do cambio de corpo A2-A1

Publicada a resolución provisional do CADP de primaria

Reclamacións ou renuncias á resolución provisional, no prazo de dous días hábiles a contar desde mañá

A CIG-Ensino trasladoulle á ministra de Educación as demandas urxentes do profesorado galego

A reunión tivo lugar no Ministerio de Educación, no seo dun encontro da titular do MEFP cos sindicatos da Mesa Sectorial do Estado.

A Inspección Educativa de Pontevedra volve á carga contra a ESAD de Vigo e a Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra

A CIG-Ensino denuncia un novo intento da Consellaría de Educación por empeorar as ensinanzas artísticas superiores ao negar un incremento de docentes na ESAD e pretender recortar postos en Pontevedra

Cumpriuse o guión: asinan un acordo retributivo que hipoteca o profesorado galego até 2021

Unha negociación fraudulenta desde o principio remata cun pacto por detrás en pleno verán sen posibilidade de consultar ao profesorado.

Un ano máis, o profesorado perde poder adquisitivo.

O acordo dos sindicatos estatais co anterior goberno do PP coloca de novo ao profesorado en cifras negativas ao respecto do IPC.

Que facer unha vez aprobaches as oposicións

Antes de nada celebralo e despois...

A CIG esixe que se despexe calquera dúbida sobre a continuidade dos postos de traballo da Escola de Música

O Secretario Comarcal da CIG Ensino anima a Martiño Noriega a manter o seu compromiso co persoal da escola

Publicación do baremo provisional de acceso a cátedras

Cátedras de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música

A Xunta ten bloqueado o cobro dos complementos de investigación e docencia para o persoal interino das universidades

O texto da convocatoria está listo desde hai dous meses pero a súa publicación está paralizada.

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de profesorado técnico de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de secundaria

Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster de profesorado de secundaria.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Estabelece a Consellaría as bases do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026-2027.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos Innova-Lab

Convocado o Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab para o curso 2026/27.

DOG 8 Setembro 2026
Folga no ensino concertado

O DOG publica os servizos mínimos para a folga convocada no ensino concertado o 9 de setembro.

DOG 8 Setembro 2026
Iniciación segura á pegada dixital

Convoca a Consellaría o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.