resultados

A CIG-Ensino consegue anular un clamoroso caso de enchufismo no concurso de traslados
A sentenza do TSGX constata “a desviación de poder, a torcida intencionalidade, o ocultismo e a evidente mostra de nepotismo” no caso da creación e adxudicación dunha praza na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra

A Consellaría confirma que haberá concurso de orientación
Asemade confirma que non haberá concurso para as EPAPUs

A CIG presenta unha batería de propostas para mellorar os permisos do persoal da Xunta de Galiza
No marco da negociación das modificacións da Lei de Emprego Público de Galiza, o sindicato vén de presentar diferentes alegacións que serán negociadas coa Dirección Xeral de Función Pública

Coa proposta da Xunta o profesorado galego seguirá sen cobrar o 100% das súas retribucións durante as baixas
A CIG demandou na Mesa Xeral de Emprego Público que non exista ningunha redución salarial durante o período de baixa médica

Orzamentos: 2019 seguirá marcado pola perda de poder adquisitivo e o mantemento dos recortes de persoal
A CIG responsabiliza aos sindicatos estatais de asinar uns acordos que impiden recuperar o nivel emprego público que había en 2009

Publicadas as listaxes provisionais de substitucións
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018/2019 do corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional

Como reclamar a devolución das contías do IRPF pola prestación de maternidade
Consulta o procedemento e os modelos para presentar na Axencia Tributaria

A CIG-Ensino demanda a convocatoria dos concursos específicos de orientación de Primaria e de EPAPU
Un mes despois de que o sindicato lle demandara á administración a convocatoria destes concursos, esta non deu ningunha resposta oficial por iso hoxe a CIG Ensino presenta un escrito demandando a convocatoria dos citados concursos

A CIG-Ensino chama á CIUG a abrir un proceso de debate co profesorado de Xeografía e Historia sobre a ABAU
A CIG-ENSINO amosa o seu apoio ao profesorado de Xeografía e Historia de Ensino Secundario que solicita a apertura dun proceso de debate sobre os contidos e a estrutura da proba de ABAU de Historia de España.

Catro anos de traballo sindical liderando as reivindicacións do profesorado galego
#ProfesoradoConDereitos

Un profesorado con dereitos como elemento esencial do proceso educativo
O día 5 de outubro, día internacional do profesorado, centra este ano a demanda do colectivo docente na necesidade de contarmos con profesorado cualificado

A Consellaría de Educación xa non ten máis escusas: temos dereito a recuperar o noso horario lectivo.
A CIG-Ensino seguirá esixindo a volta ás condicións que tiñamos en 2009 antes da chegada de Feijóo á Xunta: 18 horas en Secundaria e 21 en Primaria

As mobilizacións na ESAD comezan a dar os seus froitos
Entre as demandas aceptadas está a restitución dunha praza e media do persoal recortado, o relevo do inspector e o recoñecemento das titorías dentro do horario docente
páxina 120 de 311
Comisións Concilia e Saúde
Unha vez publicada no DOG a resolución definitiva do CXT de mestras hoxe día 22 de maio, mañá 23 de maio comeza o prazo para solicitar as comisións de Concilia e Saúde para todo o profesorado.
O prazo finaliza o día 5 de xuño.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |