resultados

A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario
A falta de rematar o escrutinio na provincia da Coruña duplicamos o número de delegados/as da segunda organización sindical (60 fronte a 28) e mantémonos como a forza maioritaria no ensino público galego.

A CIG-Ensino presenta a primeira demanda xudicial para que o profesorado substituto teña contrato até a incorporación do titular
Esta acción xudicial responde ao criterio empregado pola Consellaría de Educación até o momento de cesar o persoal substituto con data 30 de xuño aínda que a persoa titular da praza non se incorpore ao seu posto de traballo.

A CIG-Ensino entregoulle á conselleira as principais demandas do profesorado galego co aval da campaña de recollida de 12.000 sinaturas
O sindicato acudiu á reunión convocada pola nova titular de Educación agardando poder coñecer propostas para esta nova etapa da Consellaría mais o encontro non supuxo ningunha novidade sobre a actual liña de actuación do goberno.

CIG-Ensino apoia as demandas da comunidade educativa do CEIP de Cariño de reforzar a atención á diversidade
Denuncian a mingua na calidade educativa que supón que os centros teñan que compartir profesorado
As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o vindeiro 8M
Ao remate do encontro preto de 300 delegadas da CIG concentráronse fronte aos xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado

A Consellaría continúa coa externalización da certificación do coñecemento das linguas, desta vez tócalle ao francés
Anuncia dous exames de certificación B2 e C1 que levará a cabo a Alianza Francesa

Anteproxecto da Lei Orgánica que modificará a LOE (LOMCE)
Manda a túa achega até o domingo 25 de novembro

A CIG traslada á Xunta a proposta de ampliación do permiso de paternidade até 22 semanas
A aplicación desta medida suporía a equiparación co permiso de maternidade e un impulso á responsabilidade compartida nos coidados das nosas fillas e fillos.

A Consellaría pretendería amortizar 664 prazas do corpo de mestres
Así o revelan os datos extraidos dun documento remitido ás organizacións sindicais pola inspección de A Coruña

A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado galego un repositorio de material para traballar o 25N nas aulas
Ademais do libro Coeduación. Alicerce do ensino, editado con motivo desta commemoración, o sindicato recompilou unidades didácticas e outros recursos para tratar nas aulas a problemática da violencia contra as mulleres.

A CIG Ensino reclama que se incorporen 38 prazas de orientación ao Concurso
De non ter que ser incorporadas que se xustifique a súa non incorporación

Lógrase o pago do 100% das baixas após o día 90 para o persoal de MUFACE
Despois dunha xestión da CIG coa Consellaría de Facenda e a Asesoría Xeral da Xunta

A CIG-Ensino e a AS-PG pretenden analizar o traballo sobre coeducación que se realiza nos centros de ensino galegos
Alén do estudo, tamén se entregará o libro Coeducación. O alicerce do ensino, un material que pretendemos que sirva de ferramenta para o profesorado interesado en traballar a coeducación nas aulas.
páxina 118 de 310
Comisións Concilia e Saúde
Os prazos para as solicitudes das Comisións de Concilia e Saúde non comezan até que se publique no DOG a resolución definitiva do último concurso, neste caso o de infantil e primaria, é dicir, non comeza mañá cando a Consellaría publique, segundo o previsto, a resolución definitiva do CXT de mestras na súa páxina, comezará cando esa resolución se publique no DOG.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |