CIG-Ensino solicita á Consellaría o pago de oficio das subas salariais ao se reincorporar dunha baixa médica

O sindicato demanda da Consellaría unificar criterios nas Direccións Territoriais e evitar que o profesorado teña que reclamar nunha cuestión xudicialmente resolta

A CIG-Ensino denuncia atrasos sistemáticos no pago de trienios e sexenios do persoal docente da Consellaría de Educación

Nalgúns casos o atraso na actualización destes pagos supera os seis meses

O pagamento de trienios na USC terá efectos económicos do 1 de setembro de 2021

Para o persoal con contrato Predoutoral, Posdoutoral e de Proxectos

CIG-Ensino critica a absoluta falta de vontade das tres universidades para avanzar na negociación do pagamento dos trienios ao persoal temporal

Malia o recoñecemento expreso do dereito a percibir trienios polo persoal investigador dos programas de RRHH e de abrir este pagamento a outras figuras contractuais temporais, a reunión da Comisión Paritaria pechou sen ningún tipo de avance

Acordo sindical coas tres universidades galegas para recoñecer o dereito a trienios do persoal con contratos predoutorais e posdoutorais

As negociacións para facer efectivo ese dereito e para pactar as materias de negociación de dereitos do persoal con contrato temporal comezarán o vindeiro 7 de abril e terán un prazo máximo de 3 meses.

A Consellaría di non ser quen de facer de oficio a actualización dos sexenios do profesorado con servizos prestados por vacacións non gozadas

Di que vai ter preparada a aplicación este curso para xa facer de oficio os trienios do mesmo profesorado

A CIG-Ensino insta á Consellaría a recoñecer xa como servizos prestados as vacacións aboadas e non gozadas do profesorado

A CIG-Ensino vén de remitirlle un escrito ao conselleiro no que lle lembra o compromiso de recoñecer como servizos prestados o período de vacacións aboadas e non gozadas por parte do persoal substituto que traballou para a administración desde 2001.

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 14 Setembro 2026
Programa EduReferentes

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” no curso 2026/27.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de profesorado técnico de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de secundaria

Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster de profesorado de secundaria.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Estabelece a Consellaría as bases do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026-2027.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos Innova-Lab

Convocado o Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab para o curso 2026/27.

DOG 8 Setembro 2026
Folga no ensino concertado

O DOG publica os servizos mínimos para a folga convocada no ensino concertado o 9 de setembro.