resultados
Mañá terá lugar outro "Mércores de loita" nos centros de traballo de atención a menores, discapacidade e infantil 0-3 anos, previo á concentración do 8 de abril en Ourense
As accións desenvolvidas polo persoal destes tres sectores, baixo o lema "PolíticaSocialenLoita" pretendn visibilizar, unha vez máis, as súas condicións precarias diante da sociedade para chamar a atención da conselleira Fabiola García.
Ruptura da unidade sindical na discapacidade, menores e infantil 0-3: fronte ás escusas e ao inmobilismo por parte de CCOO, UGT e USO, dende a CIG-Ensino seguimos na loita
A unidade sindical non pode ser unha cadea que nos ate á pasividade nin unha estratexia de comunicación para ocultar a falta de traballo nestes sectores, iso si é unha irresponsabilidade, como a dobre moral de asinar o convenio en Madrid e denuncialo aquí
Informe das xuntanzas sectoriais coas patronais
CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, CUT e SNEP informamos ao persoal dos sectores de Escolas Infantís 0-3, Menores e Discapacidade sobre o resultado das recentes reunións mantidas coas respectivas representacións empresariais/asociacións de cada sector.
Seis organizacións sindicais esixen dignidade nos sectores de menores, discapacidade e educación infantil 0-3 diante de Política Social
Estes tres sectores aglutinan a máis de 5.000 traballadores e traballadoras distribuídos por máis de 500 centros de traballo.
A conselleira de Política Social ignora a mesa social e provoca a mobilización nos sectores da discapacidade, menores e infantil
O 18 de decembro haberá unha concentración de delegados e delegadas na Xunta en San Caetano.
O comité de folga da CIG-Ensino dos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3 rexeita a proposta de servizos mínimos de Política Social para o 6 de novembro
A Consellaría con competencias nestes tres servizos públicos esenciais trasladou onte uns servizos mínimos que vulneran o dereito á folga e que son claramente abusivos, contrariamente ao que está acontecendo no SERGAS ou aos decretados por Educación.
A CIG-Ensino chama á unidade de acción de todo o persoal traballador nos sectores de discapacidade, menores e primeiro ciclo de infantil
A CIG defende historicamente a dignidade do persoal traballador e un marco galego de negociación: non acepta leccións de quen renuncia a mobilizarse e pacta con patronal e administración contra os intereses da parte social. Sobra quen poña paus nas rodas
| < | Novembro 2026 | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | ||||||

