A Consellaría de Educación evitou a negociación na Mesa Sectorial dunha resolución que supón o nomeamento a dedo de até 48 docentes de FP para dedicarse a tempo completo a impulsar a FP dual entre as empresas e o alumnado.
A Consellaría publica as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.
Convoca a Consellaría cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.
Publicada na web da Consellaría a resolución da XIV edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!"
Anuncia a Consellaría a concesións dos cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria así como as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria no curso 2025/26.
Informa a Consellaría dos prazos de matrícula do programa de educación a distancia de inglés, That's English!, nas Escolas de idiomas para o curso 2026-2027.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos.
Preme en aceptar para confirmar que liches e aceptas a información presentada e pechar este cadro.