A CIG-Ensino alerta da escasa oferta de citas para a revisión médica do persoal dos centros educativos

O sindicato demándalle á Consellaría que habilite unha axenda máis ampla con carácter inmediato.

CIG-Ensino emprende unha campaña para que a documentación do recoñecemento médico docente sexa en galego

A empresa CUALTIS, á que a Consellaría lle adxudicou o recoñecemento médico, emprega unicamente na súa documentación escrita o castelán, vulnerando a lexislación vixente

Ábrese o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente e non docente en activo

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento publicadas na páxina web oficial da Consellaría e enviadas aos distintos centros de traballo

A CIG-Ensino demanda a mellora dos recoñecementos médicos e unha avaliación de riscos dos centros de traballo docentes

Na reunión do Comité Intercentros de Saúde Laboral, a central sindical denunciou que a vixilancia da saúde non pode ocasionarlles custes económicos nin de tempo aos traballadores e traballadoras do ensino público galego.

As docentes galegas que non viven nas áreas urbanas vense discriminadas á hora de realizar a revisión xinecolóxica anual

A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría que artelle unha solución para que as traballadoras do ensino poidan realizar estas revisións na súa localidade, ou cando menos na súa comarca, para non verse obrigadas a desprazarse até unha cidade

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 2 Novembro 2026
Interinidades en secundaria

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de sistemas e aplicacións informáticas de secundaria.

Outros 2 Novembro 2026
Interinidades en cátedras de Conservatorio

A Consellaría anuncia a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Outros 2 Novembro 2026
Interinidades en relixión evanxélica

Abre listaxe de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica no nivel de educación primaria.

Outros 2 Novembro 2026
Programa Impulso Mentor

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa “Impulso Mentor” destinado ao alumnado xitano para o curso 2026-27.

Outros 29 Outubro 2026
Docencia en Mobilidade segura e sustentable

A Consellaría publica a relación definitiva para impartir docencia, como persoa experta, en certos módulos profesionais do ciclo superior de Formación para a Mobilidade segura e sustentábel no curso 2026-2027. 

Outros 29 Outubro 2026
Prácticum de FP

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum da formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2026/27.