A CIG-Ensino esixe o desenvolvemento da Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGBTI no ensino público

Na mañá de hoxe remitiuse escrito ao Conselleiro esixindo o seu desenvolvemento
Contra o peche de centros educativos

Contra o peche de centros educativos

NOVA DATA: Xoves 29 ás 11:00 horas diante da Consellaría de Educación

A CIG-Ensino considera ridícula a oferta de FP que ven de presentar a Consellaría na Comisión Permanente do Consello Galego de FP

Remarca o inmobilismo da Xunta coas demandas propostas para fomentar a FP e denuncia que se limite a oferta en centros públicos mentres se potencia nos centros privados

A CIG-Ensino esixe que a Consellaría asuma as súas responsabilidade na xestión do conflito do IES García Barros da Estrada

O sindicato denuncia o desamparo que adoito sofre o profesorado galego pola inacción da Consellaría
A CIG-Ensino denuncia o peche de centros educativos completos e o traslado de ensinanzas sen información nin negociación previa

A CIG-Ensino denuncia o peche de centros educativos completos e o traslado de ensinanzas sen información nin negociación previa

A Consellaría de Educación comunica na véspera do remate do curso escolar o peche de dous centros educativos na provincia da Coruña e a eliminación da ESO nun centro de Ribadavia

Publicada a distribución de opositores e opositoras por tribunais

Na páxina web da Consellaría de Educación

A CIG denuncia a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de MUFACE

O castelán aparece como única opción nunha nova web desprezando ás persoas usuarias de Galiza e outras nacións con lingua propia

O VII Congreso da CIG-Ensino elixe a Xesús Bermello como novo secretario nacional

Secretaría nacional, Executiva federal e candidatura ao Consello foron referendadas por unanimidade
A CIG-Ensino renova mañá sábado a súa dirección no VII Congreso

A CIG-Ensino renova mañá sábado a súa dirección no VII Congreso

Este sábado, día 17 de xuño, baixo o lema “Profesorado valorado nunha educación pública e galega”

Datas e lugares de realización da presentación e primeira proba das oposicións

A presentación será o 24 de xuño ás 9:00 horas

Unha vez máis a Consellaría de Educación exhibe o seu desprezo pola nosa lingua

A dez días de remate do curso, acaba de comunicarlles aos equipos a contía da axuda para a realización de actividades de normalización lingüística durante o curso que xa remata

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
DOG 18 Xullo 2025
Axudas para a formación do profesorado

Publica o DOG a orde coas bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado no ano 2025.

DOG 18 Xullo 2025
Linguas estranxeiras para o alumnado

Resolta a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025 destinadas ao alumnado.

Outros 15 Xullo 2025
Programa Retorna Talento

Publicada na web da Consellaría a proposta de listaxe de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2025-2026.

Outros 14 Xullo 2025
Comisións de saúde

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas.

Outros 14 Xullo 2025
Comisións de saúde por causa sobrevida

A Consellaría anuncia o prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais sobrevidas por motivos de saúde.

DOG 14 Xullo 2025
Programa PIALE

No DOG publícase a resolución definitiva da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras, PIALE, para o ano 2025.

DOG 10 Xullo 2025
Instrucións para FP

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2025/26.

DOG 10 Xullo 2025
Ordenación dos graos D e E de FP

Publicadas no DOS instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de FP para o curso 2025/26.