A esta circunstancia súmanse as prazas que seguen sen cubrir desde agosto e setembro, como xa advertiu o sindicato na última Mesa Sectorial e que afectan especialmente ao alumnado de FP e de conservatorios que, nalgúns casos, leva sen docente desde comezos de curso e, noutros moitos, máis de un mes, sen que a curto prazo pareza que se vaia solucionar esta situación. Este desleixo por parte da administración demostra o pouco que lle importa a calidade formativa que reciba o alumnado destas ensinanzas.