O parche do Proa+ non cobre nin as necesidades mínimas solicitadas polos centros educativos

A CIG-Ensino esixe que se cumpra o acordo de catálogos do 2007 e se incrementen os cadros de persoal dos centros segundo as súas necesidades educativas

A CIG-Ensino considera totalmente insuficiente a reacción da Consellaría ás mobilizacións e denuncia a falta de información no PROA+

O curso 24/25 alcanza xa a marca absoluta de rectificacións nas prazas asignadas aos centros, logo dos recortes do verán e das denuncias feitas pola CIG-Ensino e as comunidades educativas dos centros afectados

A CIG-Ensino denuncia que Xunta de Galiza volve favorecer ao ensino concertado fronte ao ensino público

O goberno do partido popular destinará ao programa Proa+ para os centros concertados máis dun millón de euros neste curso e no seguinte

A Consellaría non abre o programa Proa+ a novas necesidades dos centros

A administración só contempla a prórroga cos centros que contaron con profesorado PROA no curso pasado mentres o sindicato volve esixir que as necesidades de atención educativa se cubran con ampliación dos cadros de persoal

CIG-Ensino desmonta as mentiras da Consellaría ao respecto dos reforzos docentes na reunión da Mesa Docente do Estado

As respostas do Ministerio ás cuestións formuladas polo sindicato deixan ao descuberto que a Xunta presenta falsamente como gastos computábeis ao Fondo Covid moitas das contratacións xa previstas para este curso.
Novas CXT

⚠️ Obriga de participar no CXT á persoas que vaian solicitar comisión de servizos por saúde dun familiar.

Despois de solicitude realizada pola CIG-Ensino na mesa sectorial do CXT e apoiada polas outras organizacións sindicais, a administración acaba de trasladarnos que acepta, dentro da  excepcionalidade que recolle a norma, non ter participado no CXT para poder ser beneficiaria de comisión de servizos por razóns de saúde dun familiar.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 24 Novembro 2026
STEMBach

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para o recoñecemento aos traballos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2026/27.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas

Publica a Consellaría a resolución provisional, xunto co baremo e a listaxe de profesorado excluído, da especialidade de secundaria de sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en EOI

A Consellaría publica a relación provisional de profesorado admitido e excluído, así como o baremo provisional, para cubrir interinidades e substitucións en árabe, italiano, xaponés e portugués de EOI.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en procesos de produción agraria

Na web a resolución provisional da listaxe para cubrir interinidades e substitucións en procesos de produción agraria. 

Outros 20 Novembro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Relación provisional de centros admitidos para participar no programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 20 Novembro 2026
Actividade 'Polos en Camiño'

A web da Consellaría publica a listaxe de centros seleccionados para participar na actividade 'Polos en Camiño' para o curso 2026-2027.

Outros 19 Novembro 2026
Programa de mediación escolar

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa de mediación escolar “Acordamos ConVivir” no curso 2026-2027.