Persoal delegado da CIG-Ensino concéntrase para exixir ao Conselleiro de Educación que asuma a urxencia da aprobación do plan de igualdade e protocolo de acoso para o profesorado

Desde o sindicato critícase a falta de respecto de Román Rodríguez cara as docentes, ao negar durante anos un dereito laboral básico como é dispoñer dun protocolo de prevención e detección de posíbeis situacións de acoso que se poidan producir nos centros

A CIG-Ensino chama a participar na manifestación nacional de mulleres do 8 de marzo baixo o lema “Feministas e combativas. En loita pola nosa dignidade!”

Animamos ás traballadoras do ensino a sumarse á manifestación en Compostela, que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal, co obxectivo de evidenciar un feminismo de clase e de país que defenda os dereitos das traballadoras

A CIG-Ensino alerta do incremento dos discursos contra o feminismo nas aulas e acusa á Consellaría de frear a aprobación do Plan de igualdade e do Protocolo de Acoso

No Encontro Nacional de Mulleres que reuniu a preto de 300 delegadas da CIG denunciouse a violencia institucional que sofren as mulleres e púxose o foco nos principais conflitos laborais que nestes momentos teñen como protagonistas sectores feminizados.

A CIG-Ensino logra que haxa reunión da comisión do Plan de Igualdade no mes de xullo para iniciar a negociacións do Protocolo de acoso

Despois de exixir en varias ocasións a intensificación do ritmo de reunións da comisión de negociación a administración educativa comprométese a ter unha nova reunión neste mes e incluír na orde do día o Protocolo de acoso

Cumprido o ano de “negociación” o Plan de Igualdade do profesorado segue sen ser unha prioridade na axenda da Consellaría de Educación

A urxencia de contar con este plan faise máis evidente tras coñecer as opinións públicas que verteu un importante cargo da Consellaría negando que exista a “violencia machista” ou que a “identidade sexual” se converteu nunha arma de loita ideolóxica.

7 meses perdidos na negociación do Plan de Igualdade da Consellería de Educación

Logo de anunciar na reunión de constitución da comisión de negociación mantida en xuño que os datos estatísticos para a diagnose do plan serían os relativos ao curso escolar 23-24, agora confirman que serán os do ano natural 2024.

Após catro meses de parálise Educación aínda non convocou a primeira reunión de traballo sobre o Plan de igualdade

A CIG-Ensino urxe á Consellaría a que se poña en marcha efectiva a comisión negociadora dado que xa transcorreu un terzo do tempo legal estabelecido e non se facilitaron datos relevantes nin se convocou para a súa avaliación.

A CIG consegue melloras por riba de convenio no Plan de Igualdade da Asociación Down que benefician a máis de 100 persoas traballadoras

Durante as negociacións acordouse tamén que dentro de dous anos se abordarán outras melloras, antes da finalización do período de aplicación deste Plan.

Tres meses despois do anuncio da Consellaría constitúese a comision negociadora do Plan de Igualdade para o profesorado

Despois dos atrasos inxustificados e das continuas demandas da CIG-Ensino vén de constituírse formalmente a comisión negociadora do Plan de Igualdade para o persoal docente.

A CIG-Ensino considera inxustificábel que aínda non se reunise a comisión negociadora do Plan de Igualdade do profesorado

Tres meses despois do anuncio da Consellería a comisión negociadora nin tan sequera se constituíu

Non máis 8 de marzo sen Plan de Igualdade para o profesorado

Calquera empresa de máis de 50 persoas traballadoras ten que negociar e elaborar un plan de igualdade, a Consellería de Educación con máis de 30.000 persoas ao seu cargo e obrigada pola lei dende 2007, non o ten.

Non máis 8 de marzo sen Plan de Igualdade para o profesorado

A CIG-Ensino concentrouse esta mañá diante da Consellaría de Educación para esixirlle que deixe de incumprir as súas obrigas e inicie os trámites para constituír a Comisión negociadora do Plan de Igualdade do persoal docente

Quizais quixo dicir:

< Marzo 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          
2026
Outros 18 Marzo 2026
Concurso de orientación

Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 17 Marzo 2026
Instrucións para as reclamacións

Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, cos prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais en infantil, primaria, ESO e bacharelato para o curso 2025/2026.

Outros 16 Marzo 2026
Interinidades en Galego de EOI

Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para as listas de substitucións en Galego de Escola de Idiomas.

Outros 16 Marzo 2026
Interinidades en soldadura

Na web da Consellaría publícase a relación provisional de profesorado admitido e excluído das listas de substitucións para Soldadura do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.

Outros 16 Marzo 2026
Interinidades en Mantemento de vehículos

Pode consultarse na web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para cubrir substitucións e interinidades na especialidade de Mantemento de vehículos do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.

Outros 16 Marzo 2026
Interinidades en secundaria

Resolución provisional na web da Consellaría das listaxes provisionais para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de Lingua Galega e Literatura e Organización e procesos de mantemento de vehículos.