O persoal substituto precisa canto antes restrinxir por zona xeográfica sen xustificación e recuperar o pagamento do verán

A CIG-Ensino reclama unha Mesa Sectorial para abordar a situación deste colectivo, a cobertura inmediata de todas as vacantes e a planificación das listaxes de substitución que están próximas a esgotarse.

A CIG mobilízase este xoves polo persoal interino e temporal e a retirada da reforma de Iceta

Acusa a sindicatos estatais e Ministerio de negociar por fóra paralizando as reunións previstas

O Ministerio de Función Pública presenta unha proposta de modificación do EBEP que non implica ningunha solución ao problema da temporalidade

A CIG ve imposíbel avanzar en posíbeis acordos se non se elimina a taxa de reposición e non se se respectan as sentenzas do TXUE canto ao abuso da contratación temporal e adopción de mecanismos sancionadores contundentes

A Consellaría de Educación impide a reserva do posto de traballo do persoal substituto que se atope de baixa no momento do chamamento

Incumprindo así o artigo 16.3 do texto sobre acceso e condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellaría de Educación

A CIG-Ensino convoca asembleas informativas para o persoal interino e substituto

Para poñermos ao día de todas as novidades e dereitos

A CIG-Ensino presenta a primeira demanda xudicial para que o profesorado substituto teña contrato até a incorporación do titular

Esta acción xudicial responde ao criterio empregado pola Consellaría de Educación até o momento de cesar o persoal substituto con data 30 de xuño aínda que a persoa titular da praza non se incorpore ao seu posto de traballo.

Nova sentenza do TSXG que recoñece o cómputo dos servizos prestados nas vacacións non gozadas do persoal docente substituto

O profesorado que foi substituto con tempo de vacacións non gozadas segue obrigado a recorrer á xustiza fronte aos incumprimentos da Consellaría

A CIG-Ensino insta á Consellaría a recoñecer xa como servizos prestados as vacacións aboadas e non gozadas do profesorado

A CIG-Ensino vén de remitirlle un escrito ao conselleiro no que lle lembra o compromiso de recoñecer como servizos prestados o período de vacacións aboadas e non gozadas por parte do persoal substituto que traballou para a administración desde 2001.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Prácticum de secundaria

A web da Consellaría publica a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 26 Outubro 2026
Plan Eduemprende

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2026-2027.

Outros 23 Outubro 2026
Xira MiniCITEEC

Publicada a convocatoria da Xira MiniCITEEC nos centros docentes para o curso 2026/2027.

Outros 23 Outubro 2026
Polos en Camiño

A Consellaría convoca, para o curso 2026/2027, a actividade Polos en Camiño para os centros que conten cun Polo creativo.

Outros 22 Outubro 2026
Programa Clubes de lectura

A Consellaría achega a poposta de resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de lectura para o curso 2026/2027.