A trampa do aumento da oferta de FP para o vindeiro curso: máis formacións aceleradas, máis formación a distancia e máis dual intensiva

No CGFP a CIG-Ensino criticou a aposta da Consellaría por formacións inestábeis e de curta duración como as aceleradas e denunciou a redución da oferta modular presencial e a proliferación de centros privados, que xa superan os públicos en Vigo.

Proposta da oferta formativa de FP para 2026/27 que se debaterá no CGFP o luns

As achegas poderán enviarse até o domingo ao correo galiza@cig-ensino.gal

A Consellaría presenta a oferta de FP do próximo curso con cambios laborais derivados das novas formacións aceleradas sen contraste previo co profesorado

A directora xeral avanzou que no curso 25/26 volverán publicarse instrucións provisionais para estas ensinanzas, que se “negociarán” este mes, e non deu data para dar a coñecer o borrador do Decreto galego de FP.

A Consellaría remite a Oferta formativa de FP do vindeiro curso despois da súa presentación aos medios e sen ningún tipo de negociación previa

Por enésima vez a Dirección Xeral de FP actúa de costas ao profesorado e á súa representación sindical remitindo o proxecto de Orde que presentará no Consello Galego de FP, un órgano consultivo, como mero trámite e sen que se negociase na Mesa Sectorial.

O conselleiro de Educación minte na súa intervención no Parlamento e ameaza con reducir aínda máis a presencialidade na FP

A CIG-Ensino acompañou a un grupo de alumnado e profesorado afectado polos cambios na oferta formativa para o vindeiro curso durante a comparecencia de Román Rodríguez

Miles de persoas claman pola redución de ratios, mellores horarios docentes, máis recursos para a atención á diversidade e para o ensino rural e polo mantemento da presencialidade na FP

Esta mañá un grupo moi numeroso de profesorado, alumnado e familias convocadas pola CIG-Ensino, Anpas Galegas e Erguer rodearon a Xunta contra os recortes e a privatización da Xunta do PP

A CIG-Ensino e profesorado e alumnado afectado polos recortes e os cambios na oferta de FP trasládanlle ao BNG as súas demandas de cara ao vindeiro pleno no que comparecerá o conselleiro

Esta mañá o principal partido da oposición recibiu a unha representación da comunidade educativa máis afectada pola eliminación de 624 prazas en ordinario e 1.199 en modular presenciais na oferta de FP para o vindeiro curso e a súa transformación a online

A CIG-Ensino reitera que é inviábel a “ocorrencia” da directora xeral de FP de que se impartan ciclos que son “a distancia” presencialmente

O sindicato esíxelle que rectifique e que se manteña toda a oferta ordinaria e modular presencial, tal e como demandan centros, profesorado e alumnado, porque, ao igual que aínda vai incorporar nova oferta de dual, está a tempo de reverter esta decisión.

A CIG-Ensino denuncia a supresión de preto de 2.000 prazas presenciais de FP e un incremento dun 136% da dual e dun 74% da oferta a distancia con respecto ao curso actual

Na reunión do Consello Galego de FP o sindicato volveu pedir a dimisión da directora xeral quen confirmou que só poderán rematar presencialmente as ensinanzas que cambian a distancia quen este ano curse ciclos ordinarios, pero non así modular.

Ampla resposta de profesorado e alumnado afectado pola privatización e os recortes na FP

Mentres se producían concentracións de rexeitamento aos plans da Consellaría de apostar pola dual e pola FP a distancia o conselleiro presentaba a oferta do vindeiro curso nun novo acto de propaganda

Convocado Consello Galego de FP para o vindeiro luns sen novidades ao respecto da oferta formativa comunicada pola Consellaría aos centros

Na orde do día aparece a Orde pola que se actualiza a oferta de FP para o vindeiro curso pero só dos centros públicos, así como o anteproxecto de decreto polo que se crean os 3 novos CIFPs

A Consellaría dá 24 horas aos centros para “opinar” sobre a oferta formativa de FP para o vindeiro curso

Despois da denuncia desta mañá da CIG-Ensino sobre a ausencia de información a menos de 3 meses do inicio do novo curso, a Dirección Xeral de FP remítelle unha proposta pechada aos centros nun claro exemplo de “despotismo patolóxico”.

A CIG Ensino aféalle á Consellaría a nula interlocución durante este curso ao respecto da oferta formativa de FP, os cambios normativos nestas ensinanzas e a creación de novos CIFPs

Nun escrito remitido ao conselleiro e á directora xeral de FP o sindicato solicita unha Mesa Sectorial urxente para tratar todos os asuntos que lle afectan ao profesorado de FP nun ano de grandes cambios nestas ensinanzas.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Publicada a onvocatoria do programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Club de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Programa Navega con rumbo

Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.