Alzar a voz, tomar a palabra

O profesorado, protagonista de novo na defensa dos seus dereitos

O Profesorado non se vende

Resumo de todas as mobilizacións de cara a lograr a recuperación dos nosos dereitos

Nova lección de dignidade de miles de docentes reclamando en Compostela a inmediata rectificación da Consellaría

Segunda xornada de folga no ensino público en Galiza no que vai de curso, precedida doutras mobilizacións e accións de protesta, convocada polos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF para esixir melloras reais nas condicións laborais e no ensino público.

Máis de 4000 persoas marchan en Compostela pola defensa do ensino público

Na manifestación, convocada por CIG-Ensino, STEG e CSIF, participou numeroso profesorado pero tamén familias e alumnado procedentes de toda Galiza dado que as súas reivindicacións redundan sobre todo na calidade da atención que recibe este último.

O profesorado galego protesta nos centros na primeira das mobilizacións dun novembro de loita pola recuperación dos nosos dereitos

Ao longo do día foron numerosos os centros que reclamaron melloras reais no tema das ratios, o horario lectivo, a burocracia e as retribucións

O Profesorado non se vende

Todo o material gráfico do Novembro de Loita

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 19 Novembro 2026
Programa de mediación escolar

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa de mediación escolar “Acordamos ConVivir” no curso 2026-2027.

Outros 18 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 de Orientación do corpo de mestres.

Outros 17 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados e excluídos do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).

Outros 16 Novembro 2026
Rede Planea de Arte e Escola

Publicados os centros colaboradores da Rede Planea de Arte e Escola para o curso 2026-2027.

Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.