A Xunta négase a avanzar en dereitos para as empregadas e empregados públicos

O borrador da Lei de Medidas en materia de persoal confirma a falta de iniciativa da administración galega.

CIG-Ensino desvela unha nova fraude no texto do acordo: a negociación “en diferido” é unha coartada insultante

A instancias dos sindicatos asinantes do acordo (CCOO, UGT, ANPE) a Consellaría incorporou un parágrafo-coartada para disimular que se vende o profesorado na recuperación do horario lectivo. Unha parte e outra mentiron a sabendas

A Xunta introduce na Lei de Emprego a regulación da limitación temporal para o profesorado interino

Para a CIG-Ensino é necesario que se reflicta na norma que o sistema docente de nomeamentos e cesamentos anuais evita esa acumulación de antigüidade de 3 anos

A CIG traslada á Xunta a proposta de ampliación do permiso de paternidade até 22 semanas

A aplicación desta medida suporía a equiparación co permiso de maternidade e un impulso á responsabilidade compartida nos coidados das nosas fillas e fillos.

Orzamentos: 2019 seguirá marcado pola perda de poder adquisitivo e o mantemento dos recortes de persoal

A CIG responsabiliza aos sindicatos estatais de asinar uns acordos que impiden recuperar o nivel emprego público que había en 2009
A CIG rexeita rotundamente a proposta da Xunta de seguir reducindo os salarios dos empregados/as públicos e a desaparición, na práctica,  da oferta de emprego público para o ano 2011

A CIG rexeita rotundamente a proposta da Xunta de seguir reducindo os salarios dos empregados/as públicos e a desaparición, na práctica, da oferta de emprego público para o ano 2011

Propón a restitución salarial, un plan plurianual para recuperar o poder adquisitivo, ofertas de emprego amplas e toda unha batería de medidas para enfrontar a crise para que non sexan os traballadores/as quen teñan que pagala

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 29 Outubro 2026
Docencia en Mobilidade segura e sustentable

A Consellaría publica a relación definitiva para impartir docencia, como persoa experta, en certos módulos profesionais do ciclo superior de Formación para a Mobilidade segura e sustentábel no curso 2026-2027. 

Outros 29 Outubro 2026
Prácticum de FP

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum da formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2026/27.

Outros 29 Outubro 2026
Programa Lanzadeiras Lugo

Publicada a resolución coa convocatoria do Programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 28 Outubro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros que participarán na fase autonómica do programa “Observa_Acción” durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

Outros 28 Outubro 2026
Plan de mellora das bibliotecas escolares

Anúnciase a resolución definitiva cos centros que participarán no Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.