Falemos claro: Coas 2.036 prazas de novo ingreso non aumentará o profesorado

A Xunta pretende enmascarar as cifras das oposicións coa promoción interna e o acceso a cátedras, do que non temos aínda texto da convocatoria

Novos currículos de Formación Profesional

A Consellaría levou á Mesa Sectorial o proxecto de Decreto de catro novos currículos de FP

Nova regulamentación das comisións de saúde

Os cambios afectan a prazos, requisitos, documentación e presentación en sede electrónica.

A CIG-Ensino e o resto de OOSS levan á Mesa Sectorial de Educación a devolución do horario lectivo e a Consellaría ratifica a súa negativa a negociar

Representantes de todas as organizacións sindicais concentráronse esta mañá diante da EGAP, na que se celebra a Mesa Sectorial de Educación, para reclamar a recuperación dos dereitos roubados durante a crise ao profesorado galego.

Currículos de FP para unha futura mesa sectorial

Currículos de 4 novos títulos de formación profesional

Prazas de atención preferente

Información da convocatoria de concurso de méritos para postos de escolarización a alumnado de atención preferente

Información da mesa sectorial do xoves 6 de xuño

Os temas a tratar son as permutas, o calendario escolar, as asesorías no CAFI e nos CFRs, os convenios 2019, a orde de atención preferente así como dous decretos de titulacións de FP.

Información da mesa sectorial do 12 de marzo

Tratáronse os seguintes temas: modificación da orde de concilia, a orde de titulacións para incorporación a listaxes, orde de direccións e varios

Unha Consellaría con alerxia á negociación presenta unha OPE pechada e sen previa negociación

A xunta recorre de novo a inflar as cifras coa prazas de promoción interna

Información da mesa sectorial: CAFI, CFR, persoal asesor e addenda do acordo de persoal interino

Modificación addenda interinas, concurso de asesorías formación, CAFI e CFR

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.