Nova manifestación das traballadoras da Escola Merlín polas rúas de Bertamiráns

Protestan contra o inxustificado despedimento dunha compañeira, a redución drástica de xornada de outra e o empeoramento do servizo ás familias e crianzas

Oitavo día de protesta polo despedimento dunha traballadora e polas irregularidades na Escola Infantil Merlín

As mobilizacións continuarán até conseguir unha solución negociada ou até que se traspase a empresa. Este xoves o persoal da escola estará no pleno municipal e o próximo levará a cabo unha manifestación polas rúas de Bertamiráns.

Nova concentración diante da Escola Merlín

A CIG-Ensino considera totalmente inxustificado o despedimento da educadora por causas de produción xa que a empresa terá que contratar a outra traballadora para seguir a dar o mesmo servizo

A CIG-Ensino concéntrase diante da Escola infantil Merlín e denuncia que os datos de matrícula ofrecidos pola empresa non xustifican eliminar case dous postos de traballo

O vindeiro mércores 12 volverá haber outra concentración en repulsa polo despedimento da traballadora que acudiu á CIG para pedir axuda ante as nóminas que lles debía a empresa e pedindo a intervención pública da escola.

A CIG-Ensino denuncia o despedimento dunha traballadora da Escola Infantil Merlín en situación de IT e insta á Xunta a intervir xa este centro por graves deficiencias e irregularidades

A empresa, que recibe este curso 190.000 euros da Consellaría de Política Social, debíalles as nóminas de novembro e decembro. O despedimento desta traballadora, afiliada e candidata da CIG nas eleccións, é unha clara represalia por denunciar os impagos.

As traballadoras da Escola infantil Merlín continúan denunciando impagamentos

A empresa adebeda nóminas unha vez máis a pesar de conseguir de novo a subvención para escolas infantís 0-3 da Xunta de Galiza

As traballadoras da Escola Infantil Merlín recorrerán á inspección laboral, á Xunta e á xustiza ante os impagamentos e convocan unha nova concentración

Na tarde de onte protagonizaron unha manifestación polas rúas de Bertamiráns na que, de novo, volveron contar co apoio das familias usuarias da Escola

Segunda xornada de folga na Escola Infantil Merlín de Ames sen que a empresa atenda as súas reclamacións

A empresa non quere reunirse co comité de folga e segue botándolle a culpa á Xunta dos impagamentos e enviou unha comunicación ás familias, que apoian as traballadoras, vertendo acusacións sobre estas profesionais

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 17 Setembro 2026
Plans das bibliotecas escolares

Resolucións provisionais na web da Consellaría do Plan de mellora de bibliotecas escolares, de Radio na biblio, Biblioteca creativa e Lectura e familias para o curso 2026/27.

Outros 17 Setembro 2026
Programa Menores conectados

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa educativo 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' para o curso 2026/27.

Outros 17 Setembro 2026
Programa Navega con rumbo

Convocada a XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 17 Setembro 2026
Permutas provisionais

Publica a Consellaría na súa web a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente para o curso 2026/2027.

Outros 17 Setembro 2026
Global clasroom Galicia

Anúnciase a formalización da participación de centros no programa Global Classroom Galicia, durante o curso 2026/27.

Outros 17 Setembro 2026
'Ponte... nas Ondas!'

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2026/27.