A Consellaría volve deixar nas mans do profesorado decisións que lle corresponden ao goberno galego

Pretende que sexan os centros educativos os que decidan sobre o uso ou non uso das máscaras nos patios de recreo.

A Consellaría dá resposta á demanda da CIG-Ensino e asegura a avaliación de riscos nos centros educativos e a distribución das máscaras

O escrito presentado polo secretario nacional da CIG-Ensino o día 8 de outubro denunciando o abandono na xestión da protección da saúde dos docentes galegos por parte da Consellaría de Educación dá os seus froitos

A CIG-Ensino tacha de “insultante” a petición de Feijóo de uso de máscaras FFP2 cando pode impoñelas no ámbito da Xunta e nin sequera as garante ao persoal de risco

Desde o sindicato maioritario no ensino público lémbranlle ao presidente da Xunta que ten plenas competencias para decretar o uso deste material de protección nos centros de traballo que dependen del e pídenlle que “comece por dar exemplo”

A CIG-Ensino insta por carta ao conselleiro de Educación a dotar os centros de material de protección axeitado

Hoxe coñecéronse os primeiros centros afectados por peches de aulas e reacomodación de alumnado, cando aínda non está operativa a aplicación EduCovid, polo que demandamos a súa urxente posta en funcionamento.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 28 Outubro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros que participarán na fase autonómica do programa “Observa_Acción” durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

Outros 28 Outubro 2026
Plan de mellora das bibliotecas escolares

Anúnciase a resolución definitiva cos centros que participarán no Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Prácticum de secundaria

A web da Consellaría publica a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 27 Outubro 2026
Plans de formación permanente do profesorado

Resolución provisional na web da Consellaría coa relación de centros educativos públicos con novos plans de formación permanente do profesorado no curso 2026/27.

Outros 27 Outubro 2026
Centros para 'Ponte...nas Ondas!'

A web da Consellaría publica a relación definitiva de centros seleccionados para participar na rede de centros 'Ponte... nas Ondas!' para o curso 2026-2027.