CIG-Ensino desvela unha nova fraude no texto do acordo: a negociación “en diferido” é unha coartada insultante

A instancias dos sindicatos asinantes do acordo (CCOO, UGT, ANPE) a Consellaría incorporou un parágrafo-coartada para disimular que se vende o profesorado na recuperación do horario lectivo. Unha parte e outra mentiron a sabendas

A alternativa da CIG-Ensino ao apartado retributivo do acordo implicaría un incremento salarial para todo o profesorado de 81€

A CIG-Ensino amosa con datos contundentes que o 74% do profesorado obtería unha suba superior á pactada e denuncia novamente un acordo que incide na segregación e división do profesorado, ademais de nas ratios e o horario, tamén no salario

Razóns para a folga do 24 de outubro: por que é precisa a mobilización polos nosos dereitos?

A CIG-Ensino repasa as renuncias que implica deixar fóra do “acordo” as cuestións fundamentais demandadas longamente polo profesorado

A Consellaría pecha en falso as negociacións: despreza e divide o profesorado e introduce medidas insuficientes para mellorar o sistema educativo

A CIG-Ensino fixo un chamamento ao resto de sindicatos para non ceder á chantaxe da Consellaría e convocar unha folga unitaria na que se lle dea voz ao profesorado para mobilizarse

Despois da farsa comeza a negociación. A Consellaría rectifica grazas á presión da CIG-Ensino e incorporará a recuperación do horario lectivo

Para a CIG-Ensino, despois da escenificación teatral destes dous días na que o resto de organización sindicais entraron a facer “comentarios de texto” do documento da Consellaría, a negociación empeza oficialmente o próximo venres

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.

DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.