Nunha reunión do grupo de traballo 4, a CIG-Ensino instou ao Ministerio a avanzar na baixada ratios en todas as etapas, incluído o primeiro ciclo de infantil, establecendo topes que permitan negociar coas CCAA cifras menores.
Na segunda reunión do grupo de traballo para negociar as condicións “de desempeño docente” a CIG-Ensino reiterou que se elimine a excepcionalidade que permite chegar a 20 horas lectivas en Secundaria e outras ensinanzas.
A CIG-Ensino lamenta a lentitude das negociacións para a mellora das condicións laborais docentes e insta á Xunta a aplicar xa as medidas nas que ten plenas competencias (horario, ratios e desburocratización)
Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.
Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster de profesorado de secundaria.
Estabelece a Consellaría as bases do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026-2027.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos.
Preme en aceptar para confirmar que liches e aceptas a información presentada e pechar este cadro.