Quizais quixo dicir:

< Febreiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28  
Outros 5 Febreiro 2026
Competencia dixital do alumnado

Publicadas as instrucións  para a acreditación da competencia dixital do alumnado de ESO e Bacharelato no curso 25/26.

Outros 5 Febreiro 2026
Admisión de alumnado

Anuncia a Consellaría a data para realizar o sorteo no que se extraerá o número para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2026/2027.

Outros 5 Febreiro 2026
Interinidades en grego e latín

Publicada a relación definitiva de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións en grego e latín de secundaria.

Outros 5 Febreiro 2026
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición

Publica a Consellaría a relación definitiva de persoal admitido para cubrir interinidades e substitucións en acordeón, clave e fundamentos de composición do corpo de profesorado de música.

Outros 5 Febreiro 2026
Vacantes provisionais do CXT

A Consellaría publica na súa web as vacantes provisionais do concurso xeral de traslados.

Outros 5 Febreiro 2026
Baremo provisional do CXT

Até o 9 de febreiro están abertos a consultas os baremos provisionais das solicitudes de participación no concurso xeral de traslados.

DOG 3 Febreiro 2026
Convocatoria do PIALE

Publica o DOG a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE) para o ano 2026.

DOG 3 Febreiro 2026
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Convoca a Consellaría axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Outros 3 Febreiro 2026
Certificación de ensinanzas de idiomas

Publicadas as instrucións que regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26.

Outros 3 Febreiro 2026
Interinidades de portugués na EOI

Resolución definitiva das listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de portugués de Escola Oficial de Idioma.

Outros 3 Febreiro 2026
Interinidades en portugués de secundaria

Convoca a Consellaría un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en portugués de secundaria.

Outros 30 Xaneiro 2026
Programa 'Menores nin unha pinga'

Relación definitiva de centros seleccionados no programa educativo 'Menores nin unha pinga' no curso 2025/2026.