A CIG-Ensino lanza unha campaña polo mantemento da rede de centros e das tres modalidades de ensinanzas de persoas adultas

O sindicato pon en marcha unha recollida de sinaturas e promove acordos de claustro para garantir a continuidade das ensinanzas presenciais e semipresenciais e o mantemento de centos de postos docentes

A Xunta pretende limitar as ensinanzas de persoas adultas, que cursan actualmente 10.000 persoas, nunha Lei que está sendo tramitada sen contar co profesorado

O anteproxecto céntrase exclusivamente na ensinanza a distancia, dependente dun novo organismo (o IGALVA), e que sementa a incerteza sobre a rede actual de centros con formación presencial na que traballan máis de 300 docentes.

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 22 Setembro 2026
Cinema con perspectiva

Convocado o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2026/27.

Outros 22 Setembro 2026
Plan de mellora das bibliotecas

Publicada unha rectificación de erros na convocatoria do Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Programa Talentos inclusivos

Convocada a VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Listaxes de interinidades e substitucións

Publica a Consellaría as listaxes provisorias para a cobertura de interinidades e substitucións de secundaria, mestres (agás Orientación) e profesorado especialistas en sectores singulares da FP.

Outros 22 Setembro 2026
Programa 'Pasando a bóla'

Convocado o programa educativo para a prevención do acoso escolar e o ciberacoso “Pasando a bóla, xogando para cambiar” no curso 2026/27.

Outros 18 Setembro 2026
Plan Eduemprende

A Consellaría convoca o Plan Eduemprende que se desenvolverá durante o curso 2026-2027.