As mobilizacións na ESAD comezan a dar os seus froitos

Entre as demandas aceptadas está a restitución dunha praza e media do persoal recortado, o relevo do inspector e o recoñecemento das titorías dentro do horario docente

Apertura de listaxes en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir de mañá 3 de outubro

Os acordos salariais deste ano déixannos máis de medio punto por baixo do IPC

Os acordos retributivos dos sindicatos estatais co anterior goberno do PP en Madrid situarán a suba nun 1,62% de media en todo 2018, cando o IPC xa está no 2,2% a finais de setembro.

Nais e pais do alumnado do IES de Brión seguirán mobilizándose para “recuperar o que se recortou” no centro

A CIG-Ensino seguirá presionando para que este e todos os centros de Galiza teñan profesorado suficiente

A CIG-Ensino chama á nova conselleira de Educación a facer os deberes e mudar coa política educativa do goberno

O sindicato agardará a coñecer os primeiros pasos da nova conselleira malia desconfiar da vontade do goberno Feijóo de introducir os cambios e medidas demandadas polo profesorado galego

A ESAD segue na loita

Venres haberá unha reunión entre inspección provincial e a dirección do centro

A CIG-Ensino apoia o profesorado e a ANPA do IES de Brión na súa demanda de máis persoal docente

Este centro é un símbolo dos recortes realizados na etapa Feijóo dado que malia ter 180 alumnos e alumnas máis que hai 10 anos conta co mesmo cadro de persoal

Mantéñense as esixencias de máis persoal para a ESAD após tres días de folga e unha nova concentración esta mañá en Vigo

O vindeiro luns está prevista unha reunión co xefe territorial e manteranse as mobilizacións no centro até que se resolva

A CIG-Ensino denuncia problemas de subministro nunha vintena de comedores escolares pola falta de xestión da Consellaría

Ademais da falta de persoal docente, que levou á convocatoria de folga e peches nalgúns centros, tamén se están producindo numerosas incidencias nos comedores sobre todo nos de ámbito rural.

A ESAD eleva as esixencias ao Conselleiro de Educación despois de tres días de folga unánime

Profesorado e estudantado protestaron por segundo día consecutivo ante a sede da Xunta en Pontevedra

Continúan as queixas pola falta de docentes nos centros educativos de Compostela

Despois dunha semana familiares e alumnado do IES de Brión manteñen o peche en demanda dos tres docentes necesarios para garantir a oferta de optativas e de PMAR prevista para este curso

A CIG-Ensino demanda a recuperación da xornada lectiva docente, un plan de estabilidade para o persoal interino e a regulamentación das materias afíns

O sindicato convocou esta mañá unha concentración fronte á Xunta para interpelar directamente a Feijóo para que “deixe de ser o campión dos recortes” e lle devolva os dereitos deturpados ao profesorado galego.

Segundo día de folga histórica na ESAD de Galiza secundada polo 100% do seu profesorado e alumnado

Esta mañá concentráronse diante da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra e esixiron a destitución do inspector que validou estes recortes.

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
DOG 22 Agosto 2025
Profesorado aprobado nas oposicións do 2025

Publicada no DOG a relación de de persoal que superou os procesos selectivos do ano 2025.

DOG 22 Agosto 2025
Resolución do CADP

Resolución definitiva do CADP para o curso 2025-2026 publicada no DOG.

DOG 20 Agosto 2025
Axudas a centros concertados

Convoca a Consellaría axudas para que os centros privados concertados contraten profesorado de apoio e reforzo PROA+.

DOG 18 Agosto 2025
Praza de galego en Londres

Resolto definitivamente o concurso para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Outros 4 Agosto 2025
Licenzas por formación non retribuídas

O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 18 de agosto (inclusive).

DOG 29 Xullo 2025
Profesorado apto na fase de prácticas

Publicada no DOG a relación de profesorado apto na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos do ano 2024.