A mobilización e unidade de acción sindical de CIG-Ensino e CUT consegue un acordo retributivo autonómico coa patronal galega de menores GAFIX

O persoal traballador poderá comezar a cobrar neste ano 2026 un “complemento equiparador autonómico galego” e non terá que esperar a 2029 para cobrar as subas salariais do V Convenio Estatal.

CIG-Ensino e unha representación das asociacións e da patronal de atención a menores acordan facer fronte común para que a Xunta priorice este servizo e acadar un convenio galego de negociación

Esta semana celebrouse unha reunión entre o sindicato mariotario e 8 asociacións/federacións e a patronal AGACEME na que coincidiron en que é preciso máis investimento público nestes centros e melloras nas condicións laborais do seu persoal.

Persoal dos centros de menores de Ourense Montealegre, Monteledo e Montefiz concentráronse por un convenio galego e retribucións e condicions laborais xustas

Son centros que prestan un servizo público fundamental e que, dependendo na actualidade da Fundación Diagrama, veñen padecendo a deixadez desta e da administración da Xunta de Galiza que non atende as súas demandas en connivencia coa empresa.

A campaña de recollida de sinaturas por un convenio galego para os centros de menores contou co apoio de máis do 60% do seu persoal

Actualmente en Galiza hai 60 centros de reforma e de protección xuvenil privados ou de xestión indirecta nos que traballan arredor de 800 traballadores/as que atenden a milleiros de menores.

A CIG lanza unha campaña por un convenio galego para dignificar as condicións de traballo e a atención nos centros de menores

Nun só mes, a central nacionalista xa xuntou preto de 500 sinaturas (que atinxen ao 60% do persoal destes centros) e espera incrementar esta cifra até o luns 18 de decembro, día no que fará entrega das sinaturas á Consellaría de Política Social.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Publicada a onvocatoria do programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Club de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Programa Navega con rumbo

Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.