Milleiros de persoas toman as rúas de Galiza convocadas pola CIG para conmemorar o Primeiro de Maio

O secretario xeral, Paulo Carril, chama a intensificar a loita nas empresas e na rúa para forzar unha saída galega xusta da crise

A CIG-Ensino recolle máis de 2.000 sinaturas en menos de 48 horas opoñéndose á eliminación do período de adaptación en Educación Infantil

Nun escrito presentado hoxe ante a Consellaría esiximos modificacións á proposta de calendario no referido ao período de adaptación

Continúan as mobilizacións de CIG-Ensino contra os despedimentos no Scientia School de Lalín

O actual propietario do antigo colexio Sagrado Corazón está a incumprir as condicións da poxa

O Ministerio de Educación compromete, sen data, unha Mesa Docente para tratar todo o relacionado co profesorado de FP

Esta foi a única conclusión positiva dunha Mesa que foi un exemplo de libro de como non se debe acometer unha negociación sobre normativa que afecta ao profesorado

Publicados os tribunais das oposicións

Sorteo realizado na mañá de hoxe

CIG-Ensino incide na súa demanda dun incremento de prazas no Mestrado de Profesorado nas universidades galegas

Tendo en conta que máis dunha cuarta parte do profesorado galego se xubilará nos próximos anos, o sindicato demanda un cambio na limitación imposta pola Xunta

Sanidade manterá a suspensión da vacinación ao persoal dos centros docentes

Saúde Pública trasladounos nunha reunión que a Xunta vai manter o cumprimento das normas pactadas a nivel estatal e que rematarán primeiro a vacinación das persoas maiores de 60 anos

A CIG convoca un total de 16 mobilizacións este Primeiro de Maio

Baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”

A CIG-Ensino e a AS-PG poñen en aberto as XXX Xornadas de lingua e literatura

Tiveron lugar a pasada fin de semana e desenvolvéronse mediante videoconferencia

Asina en defensa do período de adaptación en Educación Infantil

Lanzamos unha campaña de sinaturas entre o profesorado na defensa da importancia do período de adaptación

CIG-Ensino demanda a negociación dun protocolo de protección de datos para mulleres vítimas de violencia machista

A CIG Ensino solicita un protocolo de actuación para a protección de datos das traballadoras e aspirantes vítimas de violencia de xénero

Máis do 25% do profesorado funcionario de carreira xubilarase nos próximos anos

Así se extrae dun estudo feito pola CIG-Ensino partindo dos datos facilitados pola Consellaría de Educación

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
Outros 22 Xullo 2025
Comisións de saúde por causas sobrevidas

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación de solicitudes admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde por causas sobrevidas para o curso 2025-2026.

DOG 22 Xullo 2025
Centros plurilingües de FP

Centros autorizados no DOG para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües no curso 2025/26.

DOG 18 Xullo 2025
Axudas para a formación do profesorado

Publica o DOG a orde coas bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado no ano 2025.

DOG 18 Xullo 2025
Linguas estranxeiras para o alumnado

Resolta a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025 destinadas ao alumnado.

Outros 15 Xullo 2025
Programa Retorna Talento

Publicada na web da Consellaría a proposta de listaxe de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2025-2026.

Outros 14 Xullo 2025
Comisións de saúde

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas.