Convocadas tres xornadas de folga neste primeiro trimestre por todas as organizacións sindicais con representación no ensino concertado

Ante a actitude do conselleiro de Educación e a falta dun calendario de negociacións na Mesa Tripartita da concertada, haberá un calendario de mobilizacións

O conselleiro de Educación ataca ao profesorado galego sementando a dúbida sobre baixas fraudulentas e acusa á CIG de mentir sobre as vacantes cando quen manipula as cifras é a Xunta

Na liña da campaña do PP por criminalizar as persoas traballadoras enfermas, Román Rodríguez anuncia un plan para “avaliar” o persoal docente de baixa e dá cifras (3.000 diarias) que se contradín cos seus propios datos de abril (2.354)

Queremos Galego presenta no Parlamento unha ILP "para unha lingua vital"

Recolle toda unha serie de medidas para reverter a emerxencia lingüística en diversas áreas sociais

O conselleiro de Educación increpado pola ANPA na súa visita ao CEIP de Prácticas da Coruña

O desprendemento de cascallos do edificio no patio do colexio producido na tarde de onte motivou unha concentración de urxencia na porta do centro coincidindo coa visita do conselleiro Román Rodríguez

A CIG-Ensino denuncia que Educación incumpre as ratios no CEIP Virxe do Corpiño de Begonte e reclama unha terceira aula de Infantil

O sindicato denuncia que a Consellaría mantén só 2 unidades mixtas de Infantil malia que a aplicación da normativa obriga a contar cunha terceira. Ademais critica que se recorra á ameaza da Fiscalía de Menores para frear as protestas das familias

O Ministerio dá por pechada a negociación sindical do Proxecto de RD que modifica as ratios de infantil, bacharelato e FP

A principal novidade do último texto presentado é o atraso até o curso 30/31 da implantación completa da baixada na FP básica a 15 estudantes por aula, dous cursos máis do anunciado en xullo.

A CIG-Ensino reclama á Consellaría o cumprimento do catálogo de postos de traballo no CEIP Pastor Barral de Melide e que se atendan todas as necesidades educativas do alumnado

No sexto día de plante das familias desde o inicio de curso ningún neno nin nena acudiu de novo ás aulas. Tras a reunión mantida onte co director territorial de Educación por parte da Anpa a sensación é de total inmobilismo por parte da administración.

Profesorado e alumnado de Informática do IES de Teis mobilízase contra o recorte de recursos por parte da Consellaría

A CIG-Ensino apoia a reivindicación que ten como orixe a eliminación das horas lectivas destinadas ao mantemento do soporte informático do centro que dá servizo a máis de 1.700 usuarios e usuarias

As traballadoras da EI O Berce reclaman o cobro inmediato dos seus salarios e ocupación efectiva

A empresaria pechou a escola sen comunicación oficial, sen rescindirlle os contratos e debéndolle ao persoal as nóminas dende o mes de abril

O curso 26/27 arranca con cifras falsas de profesorado e múltiples incidencias nos centros

A CIG-Ensino acusa a Román Rodríguez de mentir e ínstao a que detalle en que centros están as 956 prazas docentes máis este curso en Secundaria e as 1.600 en total desde 2023 e contrástaas coas 591 provisionais máis con respecto ao curso pasado

A verdadeira avaliación do sistema educativo galego é a que fai o profesorado e que a Xunta leva ignorando 17 anos

Como aconteceu no caso do informe sobre o uso do galego, o balbordo arredor das probas PISA vén a confirmar que son as administracións con competencia directa as responsábeis de reverter tendencias que a sociedade advirte moito antes da súa publicación.

Seguimento maioritario na primeira xornada de folga parcial no ensino concertado, a pesares dos servizos mínimos impostos

Esta mañá houbo paros parciais de 9 a 12 horas para esixir melloras salariais e do horario lectivo, o abono da Paga Extraordinaria de Antigüidade recortada hai 17 anos, a aplicación da xubilación parcial sen restricións e o mantemento do emprego.

Un día antes de que comece o curso a Consellaría ten arredor de 1.150 vacantes de profesorado sen cubrir

Este dato corresponde á unha da mediodía de hoxe, martes, concentrándose a maior parte das prazas pendentes no corpos de secundaria e das ensinanzas non obrigatorias (FP, escolas de idiomas, ensinanzas musicais e artísticas...)

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.

Outros 9 Novembro 2026
Formación para profesorado de FP e réxime especial

Resolución provisional de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2026-2027.

Outros 9 Novembro 2026
Prácticum de secundaria

Listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.