Grupos de docentes péchanse na Coruña, Vigo, Pontevedra e Monforte para demandar melloras no ensino público

Pretenden visibilizar as demandas de redución de ratios; mellora na atención á diversidade coa dotación de máis persoal, medios e desdobres; a humanización do ensino totalmente burocratizado e un menor horario lectivo para mellorar a calidade educativa.

A CIG-Ensino traslada á ministra de Educación as demandas urxentes para que se cumpra a “lexislatura do profesorado”

A secretaria nacional do sindicato citou, entre outras, a recuperación das 18 horas e a redución de ratios, a atención á diversidade, a reforma das oposicións, a creación dun único corpo docente A1, a revisión da LOFP e a xubiliación anticipada.

A CIG-Ensino chama a toda a comunidade educativa a participar nos peches nos centros educativos e nos martes en loita que darán comezo mañá

Polo de agora están confirmados encerros en colexios e institutos da Coruña, Cee, Ferrol, Lugo, Monforte, Viveiro, Compostela, Rianxo, Pontevedra, Vilagarcía, Lalín, Ourense, Vigo, Cangas e Ponteareas.

A Consellaría négase a dotar o CEIP de Sober do profesorado necesario para desdobrar un agrupamento que supera as ratios

A Consellaría de Educación négase a dotar o CEIP de Sober do profesorado adicional que lle corresponde para desdobrar o agrupamento de 1º e 2º de Primaria, malia superar as ratios establecidas na normativa vixente.

Material peches reivindicativos e martes en loita

A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado material de difusión das mobilizacións de xaneiro e febreiro.

Queremos Galego presentará os resultados do proceso Lingua Vital nunha multitudinaria asemblea o 14 de marzo

O acto desenvolverase na Praza da Quintana no marco das accións impulsadas pola plataforma para enfrontar a emerxencia lingüística

A partir da vindeira semana reavívase o conflito laboral docente coa acción “martes en loita” e peches rotatorios en centros educativos por todo o país

Esta é a proposta que lanzan CIG e STEG até o Entroido para visibilizar as reivindicacións do profesorado en colexios e institutos diante da comunidade educativa e da sociedade, sen descartar outras accións contundentes no que resta de trimestre.

Fungos, pingueiras, equipos e espazos inutilizados e filtración de materiais tóxicos no centro educativo máis grande Galiza

A CIG-Ensino faise eco das queixas da comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio, conformada por máis de 2000 persoas, que denuncia unha situación insalubre e a incompatible coa actividade lectiva desde o inicio da reparación da cuberta en xuño de 2025

A CIG-Ensino denuncia o uso de publicidade neofascista nunha charla do “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos”

O sindicato aféalle á Consellaría de Educación que non lle preocupe a “neutralidade ideolóxica” cando se trata de ideas ultradereitistas e que xeran problemas de convivencia social e educativa.

A non obrigatoriedade de presentarse ás oposicións para o persoal consolidado é unha medida que lle convén á Consellaría e por si soa non resolve os problemas nos procesos selectivos nin de xestión das listas

A CIG-Ensino critica que a o departamento de Román Rodríguez negocie “só o que lle interesa” cos 4 sindicatos mansos e deixe fóra o maioritario que quere unha revisión máis profunda tanto do sistema de oposicións como das condicións do persoal interino

Información da Mesa Sectorial do Piale

CXT, atención á diversidade, gasóleo, poñentes nos cursos, protección de datos, substitucións, coidados, igualdade, emerxencias climatolóxicas e saúde laboral

O conselleiro de Educación falta ao respecto ao profesorado durante unha visita institucional acusándoo de “traballar pouco”

Durante a “supervisión” das obras do IES Aquis Celenis de Caldas, o 2 de xaneiro, Román Rodríguez realizou por dúas veces esta afirmación impropia do seu cargo e que redunda no cualificativo como “clase ociosa” do seu subdirector xeral de Inspección.

As contas que non contan

A CIG-Ensino alégrase de que a Consellaría regularizara o incremento na titoría e nos sexenios despois de reclamarllo hai un ano e lamenta que a suba dos salarios públicos siga por debaixo do IPC sumando unha perda do 20% de poder adquisitivo desde 2010

Quizais quixo dicir:

< Xaneiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 27 Xaneiro 2026
Premios 'Innovagal'

Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.

DOG 26 Xaneiro 2026
Plan xeral da inspección educativa

Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26. 

Outros 26 Xaneiro 2026
'Ponte... nas Ondas!'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.

Outros 26 Xaneiro 2026
Concurso de traballo por proxectos

A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.

Outros 26 Xaneiro 2026
Programa 'Lectura e familias'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 22 Xaneiro 2026
Dinamización lingüística

A Consellaría anuncia a apertura da convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.