A CIG-Ensino presenta a campaña “mudemos o rumbo”: valorando o profesorado reforzamos o ensino público

Os eixos da campaña son recuperación do horario, redución das ratios, ampliación cadros docentes, mellora da atención á diversidade, burocracia e saúde laboral

A CIG-Ensino entregoulle á conselleira as principais demandas do profesorado galego co aval da campaña de recollida de 12.000 sinaturas

O sindicato acudiu á reunión convocada pola nova titular de Educación agardando poder coñecer propostas para esta nova etapa da Consellaría mais o encontro non supuxo ningunha novidade sobre a actual liña de actuación do goberno.

Novo capítulo na fraude das negociacións salariais coa Consellaría

A CIG-Ensino mantivo a súa posición de vincular unha suba salarial lineal de 150 euros mensuais á negociación inmediata das condicións de traballo docentes e á recuperación das pagas extras detraídas entre 2013 e 2016.

A CIG-Ensino leva ao Parlamento de Galiza a campaña de recuperación de dereitos laborais apoiada por 12.000 docentes galegos

Representantes da CIG Ensino, encabezados polo seu secretario nacional, Suso Bermello, mantiveron unha reunión cos responsábeis de Educación dos catro grupos parlamentarios para trasladarlles as principais reivindicacións do profesorado do ensino público

Preto de 12.000 docentes do ensino público galego apoiaron a campaña de recuperación de dereitos para este colectivo

Durante este segundo trimestre a CIG-Ensino visitou os 1.200 centros que hai en Galiza para recoller un total de 11.915 sinaturas

O Consello Federal da CIG-Ensino bota a andar a campaña de restitución de dereitos do profesorado e a folga de mulleres

Delegados e delegadas da central nacionalista reuníronse esta mañá en Compostela para dar o sinal de saída da campaña de recollida de sinaturas coa que se pretende axitar o colectivo docente, que está farto dos recortes dos últimos anos.

A CIG-Ensino lanza unha campaña nos 1.200 centros educativos galegos para esixir a restitución de dereitos do profesorado

Ao longo deste segundo trimestre, delegados e delegadas da central nacionalista celebrarán asembleas informativas para achegarlle ao profesorado os pregos de sinaturas que posteriormente lle serán entregados ao conselleiro de Educación.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Prácticum de secundaria

A web da Consellaría publica a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 26 Outubro 2026
Plan Eduemprende

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2026-2027.

Outros 23 Outubro 2026
Xira MiniCITEEC

Publicada a convocatoria da Xira MiniCITEEC nos centros docentes para o curso 2026/2027.

Outros 23 Outubro 2026
Polos en Camiño

A Consellaría convoca, para o curso 2026/2027, a actividade Polos en Camiño para os centros que conten cun Polo creativo.

Outros 22 Outubro 2026
Programa Clubes de lectura

A Consellaría achega a poposta de resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de lectura para o curso 2026/2027.