CIG-Ensino solicita á Consellaría o pago de oficio das subas salariais ao se reincorporar dunha baixa médica

O sindicato demanda da Consellaría unificar criterios nas Direccións Territoriais e evitar que o profesorado teña que reclamar nunha cuestión xudicialmente resolta

A CIG-Ensino denuncia atrasos sistemáticos no pago de trienios e sexenios do persoal docente da Consellaría de Educación

Nalgúns casos o atraso na actualización destes pagos supera os seis meses

O pagamento de trienios na USC terá efectos económicos do 1 de setembro de 2021

Para o persoal con contrato Predoutoral, Posdoutoral e de Proxectos

CIG-Ensino critica a absoluta falta de vontade das tres universidades para avanzar na negociación do pagamento dos trienios ao persoal temporal

Malia o recoñecemento expreso do dereito a percibir trienios polo persoal investigador dos programas de RRHH e de abrir este pagamento a outras figuras contractuais temporais, a reunión da Comisión Paritaria pechou sen ningún tipo de avance

Acordo sindical coas tres universidades galegas para recoñecer o dereito a trienios do persoal con contratos predoutorais e posdoutorais

As negociacións para facer efectivo ese dereito e para pactar as materias de negociación de dereitos do persoal con contrato temporal comezarán o vindeiro 7 de abril e terán un prazo máximo de 3 meses.

A Consellaría di non ser quen de facer de oficio a actualización dos sexenios do profesorado con servizos prestados por vacacións non gozadas

Di que vai ter preparada a aplicación este curso para xa facer de oficio os trienios do mesmo profesorado

A CIG-Ensino insta á Consellaría a recoñecer xa como servizos prestados as vacacións aboadas e non gozadas do profesorado

A CIG-Ensino vén de remitirlle un escrito ao conselleiro no que lle lembra o compromiso de recoñecer como servizos prestados o período de vacacións aboadas e non gozadas por parte do persoal substituto que traballou para a administración desde 2001.

Quizais quixo dicir:

< Maio 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2026
DOG 30 Abril 2026
Cursos CELGA

Anúncianse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.

Outros 29 Abril 2026
Novos centros E-dixgal

A Consellaría anuncia a convocatoria para a selección de novos centros participantes no programa E-Dixgal para o curso 2026/27.

Outros 29 Abril 2026
Traballos de investigación STEMbach

Publicada a listaxe de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do STEMbach do curso 2025/26.

Outros 28 Abril 2026
Programa Edu-Mob 26/27

Na web da Consellaría pódese consultar a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con centros da Région Académique de Grand Est (Francia).

Convocatorias 24 Abril 2026
Comisións por motivos de saúde

O prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde propia ou dun familiar a cargo é do 24 de abril ao 8 de maio do 2026, ambas as datas inclusive.

Convocatorias 24 Abril 2026
Comisións por conciliación

O prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 24 de abril de 2026 ao 8 de maio de 2026, ambos incluídos.