Nova mostra de dignidade, recoñecemento e solidariedade no quinto día de folga docente en menos de tres meses

Desde os cursos 86/87 e 87/88, con 12 e 20 convocatorias de folga respectivamente, nunca se convocaran cinco días de folga no mesmo curso, o que demostra a fartura e malestar do profesorado polas súas condicións e polo deterioro do ensino público galego

Máis de unha vintena de marchas fúnebres e mobilizacións en defensa do ensino público galego na cuarta xornada de folga docente deste curso

Mañá, quinto día de folga, terá lugar unha manifestación con saída do Parlamento ás 11:30 que pretende simbolizar o enterro do ensino público galego ao que o abocan as políticas da Consellaría de Educación segundo as organizacións convocantes.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.