O curso 26/27 arranca con cifras falsas de profesorado e múltiples incidencias nos centros

A CIG-Ensino acusa a Román Rodríguez de mentir e ínstao a que detalle en que centros están as 956 prazas docentes máis este curso en Secundaria e as 1.600 en total desde 2023 e contrástaas coas 591 provisionais máis con respecto ao curso pasado

Entre os incumprimentos máis chamativos dos anuncios feitos tanto por Rueda como por Rodríguez destaca o da cifra de 100 especialistas de Pedagoxía Terapéutica máis para Secundaria que quedou reducida a 5 e destaca a baixada de 114 vacantes menos en Primaria en relación ao curso 25/26.

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 14 Setembro 2026
Programa EduReferentes

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” no curso 2026/27.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de profesorado técnico de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de secundaria

Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster de profesorado de secundaria.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Estabelece a Consellaría as bases do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026-2027.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos Innova-Lab

Convocado o Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab para o curso 2026/27.

DOG 8 Setembro 2026
Folga no ensino concertado

O DOG publica os servizos mínimos para a folga convocada no ensino concertado o 9 de setembro.

DOG 8 Setembro 2026
Iniciación segura á pegada dixital

Convoca a Consellaría o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.