Pleno do Consello Xeral de FP: CIG-Ensino esixe ao Ministerio que ninguén perda dereitos na extinción do corpo de profesorado técnico de FP

O sindicato enviou tamén un escrito aos grupos parlamentarios do Senado no mesmo sentido e con propostas concretas para que o PTFP se integre directamente no corpo de PES sen exclusións e se dean pasos cara o corpo único docente

A CIG-Ensino diríxese aos grupos parlamentarios no Senado e á ministra Celaá ante os problemas e incertezas que provoca a vía elixida na LOMLOE para a extinción do corpo de PTFP

O sindicato defende que esta medida "non deixe ninguén atrás" en aras a conseguir un corpo único docente.

A CIG-Ensino esíxelle ao presidente da Xunta que deixe a confrontación e se sente a dialogar para normalizar o galego no ensino

Representantes sindicais xunto co resto de promotores das "Bases para a normalización do ensino en Galiza" referíronse aos datos do IGE de que 1 de cada 4 menores de 15 anos non sabe falar galego, consecuencia directa do Decreto de plurilingüismo

A LOMLOE: lei insuficiente que necesita mellorar

Nunha análise rápida do texto que vén de aprobar o Congreso a CIG-Ensino lamenta que se perdera unha oportunidade de emendar os recortes e ataques ao ensino público perpetrados pola dereita na última década.
enteira

Máis de 2.000 profesores e profesoras técnicos de FP en Galiza pendentes da integración no corpo de secundaria prevista na LOMLOE

Unha vez que xa está aprobado o proxecto de Lei no Congreso e, previo paso polo Senado, prevese que entre en vigor na primeira parte do próximo ano.

Medidas e seguimento da Covid-19, tramitación da LOMLOE e taxa de reposición a debate na Mesa Sectorial do Estado

Nunha reunión da Mesa Docente do MEFP, a CIG-Ensino cuestionou a falta dunhas directrices que protexan efectivamente a saúde do persoal dos centros así como a ausencia dun control e análise rigorosos dos contaxios.

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27. 

Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Liga escolar de debate

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes na II Liga escolar de debate para o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Manual de axuda para alumnado con TEA

A Consellaría publica un Manual de axuda para os centros educativos dirixido á educación emocional en alumnado con TEA.