O Correlingua 2022 reúne en Cangas preto de 700 escolares

O Auditorio Municipal vibrou coa actuación de Pablo Díaz e banda

O Ministerio desatende a práctica totalidade das propostas da CIG-Ensino no proceso de integración do PTFP no corpo de PES

As propostas do sindicato incidiron na liña mantida de garantir unha áxil execución da integración sen descoidar o profesorado que non se integra, así como os dereitos do profesorado en prácticas e interino

Os novos currículos implican menos autonomía para os centros, discriminan a nosa lingua e cultura e incrementan a burocracia

Currículos da ESO, Bacharelato e ámbitos dos graos básicos de Formación Profesional (GBFP)

Todos os centros educativos terán unha avaliación de riscos de hoxe a setembro de 2024

A medida deriva da presión e das denuncias da CIG-Ensino perante a Inspección de Traballo do ano 2020 e implica pasar dunha media anual de 20 centros avaliados a máis de 300 até acadar a cifra de 1.033 no 2024

Integración do profesorado técnico de FP no corpo de PES: convocada Mesa estatal para o día 26 de maio

O Ministerio vén de convocar Mesa de Negociación do persoal docente para o xoves 26 de maio

Máis de 500 escolares celebraron o Correlingua 2022 en Tomiño

Fran Rei presentou a festa e fixo a lectura do manifesto

O Correlingua 2022 levou a festa do galego a Vigo

As crianzas da comarca de Vigo desfrutaron da actuación en vivo do grupo musical Zëndar

Atención preferente. O traballo dos centros e da CIG-Ensino volve dar resultados

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 até o 23 de maio, ambos incluídos

As crianzas de Carballo desfrutaron co Correlingua 2022

Fran Rei presentou e Mekánica Rolling Band amenizou o festexo

Milleiros de persoas toman Compostela “Por un novo futuro para a lingua”

A CIG-Ensino participa na reclamación do dereito a vivir “en galego agora e sempre” co lema "mudemos o rumbo da lingua no ensino"

Diante do novo “vello” goberno de Rueda: a CIG-Ensino afirma que é preciso un cambio de rumbo

Traendo ao primeiro plano o lema da campaña emprendida polo sindicato, demandamos melloras na política educativa, de persoal e en defensa da lingua

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.