A CIG-Ensino apoia a concentración para pedir que non se prohiba o galego nin dentro nin fóra das aulas

O sindicato respondeu esta mañá á chamada da Mesa pola Normalización Lingüística diante do Parlamento de Galiza para denunciar que o acordo asinado entre PP e PSdG non vai reverter a perda de falantes na nosa lingua.

A CIG convoca folga xeral ante a suba dos prezos que empobrece a clase traballadora e a falta de medidas para garantir unha vivenda digna

A central celebrará asembleas comarcais das persoas electas como delegadas sindicais este xoves día 8

Seguimento maioritario na segunda xornada de folga do ensino concertado

Milleiros de traballadores e traballadoras maniféstanse polas rúas de Santiago e concéntranse diante da Consellaría de Educación para esixir a apertura de negociacións na Mesa Tripartita (sindicatos, empresas e administración)

Información da mesa sectorial do CXT

Celebrouse o martes 13 de outubro

Milleiros de persoas percorren Compostela exixindo a fin do xenocidio en Palestina

Máis de 60 entidades e organizacións do tecido social galego apoiaron a marcha baixo o lema “Galiza con Palestina. Resistencia, liberdade e paz”

A CIG considera insuficientes as medidas aprobadas polo goberno e denuncia a inacción da Xunta

Chama á mobilización o 3 de outubro, para reclamar medidas que garantan xa o dereito a vivenda, convocada asembleas o 8 de outubro e manifestacións comarcais o 1 de decembro

Máis de 7.000 traballadores e traballadoras do ensino concertado están chamadas á folga o 6 de outubro

A Consellaría de Educación impuxo novamente servizos mínimos abusivos para conculcar un dereito laboral fundamental

O IPC chega ao 4,9 % en setembro e deixa un mes máis en evidencia o acordo salarial de CCOO, UGT e CSIF

A CIG exixe a revisión imediata das retribucións de 2026. Unha cláusula automática que iguale as subas salariais ao IPC real. O pagamento imediato de calquera desviación. Un calendario para recuperar todo o poder adquisitivo perdido.

A CIG-Ensino denuncia que moito profesorado substituto incorporado ao inicio do curso terá que agardar até finais de outubro para cobrar

O sindicato exixe o pagamento inmediato da nómina de setembro e rexeita que a escusa dos problemas administrativos obrigue o persoal afectado a traballar dous meses sen percibir o seu salario, algo insólito que non acontece en ningún sector.

Moito alumnado sen docente e aforro de persoal con solucións imaxinativas: o caos do inicio de curso na FP galega

Antes de que a Consellaría saque a tradicional nota de prensa vendendo o récord de matriculacións na FP, a CIG-Ensino critica que a estas alturas de curso falten 80 docentes de FP nos centros e outras moitas vacantes non figuren na aplicación

As familias da EEI Vila Laura reclaman unha mestra de apoio nun inicio de curso marcado polos recortes e a falta de persoal na comarca de Vigo

A CIG-Ensino estivo presente na concentración convocada pola ANPA Magnolia e esixe á Consellaría unha solución ás demandas dos centros

Novidades en materia de saúde laboral: novo curso de PRL obrigatorio, gas radon e licenza por risco no embarazo

Haberá un novo curso obrigatorio para o funcionariado en prácticas sobre PRL, os centros poderán solicitar a medición de gas radon que se fará a partir de febreiro e as mulleres embarazadas a licenza por risco no embarazo estando de baixa.

Inicio da campaña de revisións médicas 2026-2027

Campaña de vixilancia da saúde 2026/27

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 22 Outubro 2026
Programa Clubes de lectura

A Consellaría achega a poposta de resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de lectura para o curso 2026/2027.

Outros 22 Outubro 2026
Estadías formativas en empresas

Publica a Consellaría a resolución da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas do profesorado de FP inicial e ás ensinanzas deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.

Outros 16 Outubro 2026
Premio Tolerancia cero contra o acoso 2026

Convoca a Consellaría o premio Tolerancia cero contra o acoso 2026.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

Resolución definitiva coas solicitudes seleccionadas para participar no programa educativo 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Programa 'Menores conectados'

A Consellaría publica a resolución definitiva do programa 'Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade' durante o curso 2026/27.

Outros 16 Outubro 2026
Interinidades nun ciclo formativo

Resolución na web da Consellaría coa relación provisional coas persoas admitidas e excluídas da bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.