CIG e UGT denuncian a “deslealdade” de CCOO por rachar a unidade de acción na defensa da Universidade Pública Galega

Pregúntanse se detrás hai un problema de descoordinación ou de “protagonismo”.

Falemos claro: Coas 2.036 prazas de novo ingreso non aumentará o profesorado

A Xunta pretende enmascarar as cifras das oposicións coa promoción interna e o acceso a cátedras, do que non temos aínda texto da convocatoria

A Xunta censura a cobertura mediática da entrega dun escrito dirixido a Feijóo solicitando a recuperación do horario lectivo do profesorado

O máximo responsábel de seguridade do edificio administrativo de San Caetano, alegando cumprir orde, prohibiu expresamente aos medios de comunicación que gravasen imaxes do representante da CIG-Ensino e dos demais sindicatos.

A cidadanía galega clama en contra da privatización da universidade

Esta mañá realizáronse concentracións simultáneas en todos os campus galegos para solicitar que se pare a tramitación do proxecto de lei de creación da primeira universidade privada de Galiza

A CIG-Ensino insta á Consellaría a axilizar a resolución das listaxes de substitucións

Nestes momentos cónstannos que está esgotada a listaxe de Debuxo e a piques de facelo as de Inglés e Francés do corpo de Mestras

A sociedade galega, convocada mañá na defensa da Universidade pública

Ás 11 da mañá realizaranse concentracións simultáneas en todos os campus galegos

Material das I Xornadas de debate e reflexión sobre a lingua no ensino

O galego no ensino. O ensino en galego

Concentracións en toda Galiza en defensa da Universidade pública

Serán o martes, 11 de febreiro de forma simultánea ás 11 horas nos sete campus galegos

Publicadas as adxudicacións provisionais dos CXT

Publicadas todas as resolucións provisionais

Novos currículos de Formación Profesional

A Consellaría levou á Mesa Sectorial o proxecto de Decreto de catro novos currículos de FP

Outros temas da Mesa sectorial do 4 de febreiro

A CIG-Ensino presentou na rolda final de intervencións outros temas de relevancia.

Nova regulamentación das comisións de saúde

Os cambios afectan a prazos, requisitos, documentación e presentación en sede electrónica.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.