CIG-Ensino amosa a súa posición crítica coas propostas de reforma da carreira profesional do PDI universitario

O sindicato adiantou as súas críticas aos textos presentados polo ministro Castells para reformar a LOU e para un novo Estatuto do Profesorado Docente e Investigador nunha reunión telemática que tivo lugar o día 13 de xullo.

CIG-Ensino critica a improvisación na corrección de exames da ABAU

O sindicato tivo acceso a mensaxes que ao longo do día de onte, 9 de xullo, se moveron entre profesorado do ensino público, solicitando docentes de lingua galega para corrixir exames de acceso á universidade

Máis dun mes calada: a Consellaría despreza a comunidade educativa e segue sen negociar a planificación do curso escolar

A CIG-Ensino concentrouse esta mañá diante de San Caetano e na Mariña. En Compostela recreou unha aula con 20 estudantes mantendo a distancia de seguridade para evidenciar o traballo que ten por facer a administración educativa

Concentración esixindo negociacións cara o curso que vén

Mércores 8 ás 11:30 horas diante da Consellaría en Santiago de Compostela, e tamén en Viveiro, diante do CEP Lois Tobío

CIG-Ensino esixe máxima seguridade para todo o profesorado e alumnado nas probas da ABAU

O sindicato critica o silencio da Consellaría sobre a situación da Mariña e insta a aumentar as medidas de protección e a garantir o dereito de todo o estudantado

Publicadas as listaxes de Concilias

Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral para o vindeiro curso académico 2020/21

CIG-Ensino apela directamente á conselleira a que abra de inmediato a negociación da planificación para o vindeiro curso

Nestes momentos Galiza está a quedarse atrás dentro do marco estatal nun asunto que mantén en vilo a profesorado, persoal non docente a familias, e que non pode deixarse nas mans da improvisación ou de tácticas electorais.

Apertura de listaxes de substitucións

Listaxes nos corpos de Mestras, PES, PTFP, EOIs e Artes Plásticas e Deseño

Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais no 2020/2021

O prazo para presentar reclamacións é de 5 días hábiles e abrangue desde o 1 de xullo ata o 7 de xullo de 2020, ambos incluídos

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP

O DOG do luns 29 de xuño publica as datas do CADP.

Dispárase a incerteza entre o profesorado de cara ao curso 2020/21

O curso rematou en 2º de Bacharelato cunha presenza mínima de alumnado

Acabáronse as escusas para que a Consellaría de Educación siga sen negociar o desenvolvemento do próximo curso

Hoxe os Ministerios de Sanidade e de Educación e Formación Profesional fixeron público un documento con recomendacións en relación ás medidas de prevención e hixiene fronte ao SARSCoV-2 para os centros educativos no curso 2020-2021

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.