As familias da EEI Vila Laura reclaman unha mestra de apoio nun inicio de curso marcado polos recortes e a falta de persoal na comarca de Vigo

A CIG-Ensino estivo presente na concentración convocada pola ANPA Magnolia e esixe á Consellaría unha solución ás demandas dos centros

Novidades en materia de saúde laboral: novo curso de PRL obrigatorio, gas radon e licenza por risco no embarazo

Haberá un novo curso obrigatorio para o funcionariado en prácticas sobre PRL, os centros poderán solicitar a medición de gas radon que se fará a partir de febreiro e as mulleres embarazadas a licenza por risco no embarazo estando de baixa.

Inicio da campaña de revisións médicas 2026-2027

Campaña de vixilancia da saúde 2026/27

Os sectores de atención social: educación, protección e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilizacións para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas

Á CIG-Ensino non lle serve ningún pacto que non pase pola derrogación do Decreto de Plurilingüismo e o levantamento do veto ao noso idioma nas aulas

O sindicato maioritario critica que o pacto acadado hoxe por PP e PSdG deixa nas mans dos centros decidir en que materias segue prohibido o uso da nosa lingua e que tamén non se reforce a súa presenza en etapas tan transcendentais como infantil e primaria

A CIG-Ensino e as comunidades educativas de Melide e Begonte concéntranse antes do Consello Escolar de Galiza para esixir menos propaganda e máis recursos humanos para o ensino público

Durante a concentración coreouse a popular consigna deste curso “Neste cole faltan mans” e esixiuse que se cumpra a normativa de desdobres, catálogos de postos de traballo e apoios que precisan os centros para atender a todo o alumnado.

Convocadas tres xornadas de folga neste primeiro trimestre por todas as organizacións sindicais con representación no ensino concertado

Ante a actitude do conselleiro de Educación e a falta dun calendario de negociacións na Mesa Tripartita da concertada, haberá un calendario de mobilizacións

O conselleiro de Educación ataca ao profesorado galego sementando a dúbida sobre baixas fraudulentas e acusa á CIG de mentir sobre as vacantes cando quen manipula as cifras é a Xunta

Na liña da campaña do PP por criminalizar as persoas traballadoras enfermas, Román Rodríguez anuncia un plan para “avaliar” o persoal docente de baixa e dá cifras (3.000 diarias) que se contradín cos seus propios datos de abril (2.354)

Queremos Galego presenta no Parlamento unha ILP "para unha lingua vital"

Recolle toda unha serie de medidas para reverter a emerxencia lingüística en diversas áreas sociais

O conselleiro de Educación increpado pola ANPA na súa visita ao CEIP de Prácticas da Coruña

O desprendemento de cascallos do edificio no patio do colexio producido na tarde de onte motivou unha concentración de urxencia na porta do centro coincidindo coa visita do conselleiro Román Rodríguez

A CIG-Ensino denuncia que Educación incumpre as ratios no CEIP Virxe do Corpiño de Begonte e reclama unha terceira aula de Infantil

O sindicato denuncia que a Consellaría mantén só 2 unidades mixtas de Infantil malia que a aplicación da normativa obriga a contar cunha terceira. Ademais critica que se recorra á ameaza da Fiscalía de Menores para frear as protestas das familias

O Ministerio dá por pechada a negociación sindical do Proxecto de RD que modifica as ratios de infantil, bacharelato e FP

A principal novidade do último texto presentado é o atraso até o curso 30/31 da implantación completa da baixada na FP básica a 15 estudantes por aula, dous cursos máis do anunciado en xullo.

A CIG-Ensino reclama á Consellaría o cumprimento do catálogo de postos de traballo no CEIP Pastor Barral de Melide e que se atendan todas as necesidades educativas do alumnado

No sexto día de plante das familias desde o inicio de curso ningún neno nin nena acudiu de novo ás aulas. Tras a reunión mantida onte co director territorial de Educación por parte da Anpa a sensación é de total inmobilismo por parte da administración.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.