Decembro negro de mobilizacións que culmirán co velorio e enterro simbólicos do ensino público galego nas xornadas de folga do 16 e 17 de decembro

A CIG-Ensino anima ao profesorado a tinxir de negro os centros en sinal de loito polos recortes e desmantelamento do ensino público galego mentres apela a manter o espírito de loita secundando as que serán a 4ª e 5ª xornadas de folga docente no trimestre

O 100% do persoal das Escolas Deportivas da Coruña secunda a folga parcial para reclamar condicións dignas

O 100% do persoal das Escolas Deportivas da Coruña secunda a folga parcial para reclamar condicións dignas

Black Friday salarial para o sector público: o acordo 2025-28 é un novo pacto de perdas

A CIG rexeita unha nova rebaixa no poder adquisitivo para quen traballamos no sector público

A CIG-Ensino esixe unha Mesa Sectorial específica ante o caos deste curso coa aplicación da reforma da Formación Profesional

O sindicato enviou un escrito á directora xeral de FP alertando do malestar de profesorado e alumnado en materia de ordenación, programación e avaliación e pedindo que se renegocie o Decreto galego que vai regular estas ensinanzas.

A CIG mobilizarase contra o acordo estatal que non recupera as perdas salariais do persoal público

Convoca unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para o vindeiro martes 2 de decembro ás 11:00 horas

A CIG e as demais OO.SS acadan a unidade de acción sindical para dar continuidade ás mobilizacións nos sectores de menores, discapacidade e infantil 0-3 anos

O acordo reivindicativo fíxase como obxectivo melloras laborais, sociais e salariais nestes tres sectores de atención ás persoas no camiño de acadar convenios dignos e xustos

A CIG alerta dunha nova trampa na suba salarial que negocian os sindicatos estatais e o Goberno español

O sindicato maioritario en Galiza denuncia a súa exclusión das negociacións, incumprindo a normativa legal e denuncia unha nova fase de perda de poder adquisitivo

A CIG-Ensino alerta do incremento dos discursos contra o feminismo nas aulas e acusa á Consellaría de frear a aprobación do Plan de igualdade e do Protocolo de Acoso

No Encontro Nacional de Mulleres que reuniu a preto de 300 delegadas da CIG denunciouse a violencia institucional que sofren as mulleres e púxose o foco nos principais conflitos laborais que nestes momentos teñen como protagonistas sectores feminizados.

Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignas

A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados

O profesorado galego suma outras dúas xornadas de folga os días 16 e 17 de decembro co obxectivo de recuperar e avanzar en dereitos

O día 17 está prevista unha manifestación con saída do Parlamento até a Consellaría para presionar durante a votación das contas da Xunta para 2026, chaves para poder levar a cabo medidas que melloren o sistema educativo galego.

A Consellaría volve vulnerar os dereitos lingüísticos do profesorado na avaliación de riscos laborais

Nestes días estanos chegando información de diversos centros educativos nos que se está a entregar ao profesorado a avaliación de riscos laborais dos postos de traballo unicamente en castelán.

A CIG Ensino pon ao teu dispor novo material didáctico para traballar o 25N

O material está dirixido aos niveis de infantil, primaria e secundaria

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.