resultados
Informe das xuntanzas sectoriais coas patronais
CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, CUT e SNEP informamos ao persoal dos sectores de Escolas Infantís 0-3, Menores e Discapacidade sobre o resultado das recentes reunións mantidas coas respectivas representacións empresariais/asociacións de cada sector.
O persoal das Escolas Deportivas da Coruña convoca catro días de folga para exixir o cobro dos seus salarios e novos pregos dignos
Reclaman solucións inmediatas ao Concello logo da empresa comunicar que non pode facer fronte ás nóminas e xa avisou en abril de non querer nin poder seguir co prego
Seis organizacións sindicais esixen dignidade nos sectores de menores, discapacidade e educación infantil 0-3 diante de Política Social
Estes tres sectores aglutinan a máis de 5.000 traballadores e traballadoras distribuídos por máis de 500 centros de traballo.
Nova mostra de dignidade, recoñecemento e solidariedade no quinto día de folga docente en menos de tres meses
Desde os cursos 86/87 e 87/88, con 12 e 20 convocatorias de folga respectivamente, nunca se convocaran cinco días de folga no mesmo curso, o que demostra a fartura e malestar do profesorado polas súas condicións e polo deterioro do ensino público galego
Máis de unha vintena de marchas fúnebres e mobilizacións en defensa do ensino público galego na cuarta xornada de folga docente deste curso
Mañá, quinto día de folga, terá lugar unha manifestación con saída do Parlamento ás 11:30 que pretende simbolizar o enterro do ensino público galego ao que o abocan as políticas da Consellaría de Educación segundo as organizacións convocantes.
Os salarios non poden seguir así: os acordos sindicais estatais sitúan as nosas retribucións por debaixo das pensións
O segundo acordo estatal para a fixación dos soldos públicos castigan novamente a empregadas e empregados mentres as pensións van da man dos prezos.
A conselleira de Política Social ignora a mesa social e provoca a mobilización nos sectores da discapacidade, menores e infantil
O 18 de decembro haberá unha concentración de delegados e delegadas na Xunta en San Caetano.
Os servizos mínimos da folga do 16 e 17 son dunha persoa da dirección
Serán publicados no DOG previamente ás xornadas de folga
O persoal da Escolas Deportivas da Coruña reivindica melloras nas súas condicións e o pago inmediato dos salarios
Á falta de atención do Goberno municipal nas demandas laborais súmase agora o impago das nóminas por parte da empresa que xestiona o servizo.
Chamada a secundar as folgas e mobilizacións do 16 e 17 ante a negativa do conselleiro a reunirse coas organizacións convocantes
A Consellaría de Educación anunciou que vai seguir negociando no marco da comisión de seguimento do acordo dúas cuestións que emendan directamente o que aparecía nese texto, tal e como leva pedindo a CIG-Ensino nestes dous anos de vixencia do mesmo.
CIG-Ensino e STEG péchanse na Consellaría até ter data de reunión co conselleiro ás portas da cuarta e quinta xornada de folga docente
Un grupo de 15 delegados e delegadas das dúas organizacións permanecen nas dependencias de Educación en San Caetano despois de coñecerse polos medios de comunicación que se está negociando o adianto da baixada de ratios e da redución horaria en secundaria
A CIG toma a capital galega para esixir uns orzamentos da Xunta que garantan emprego e dereitos
Uns 2000 delegados/as manifestáronse dende o Parlamento até San Caetano no peche da campaña ‘Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade’
páxina 1 de 325

