Queres saber canto se depreciou o teu salario no que levamos de ano?

O diferencial co que deberiamos cobrar en novembro é o mellor exemplo do que implica ver medrar os salarios por debaixo do IPC

Os efectos do "pacto de perdas” para o profesorado galego disparan a perda de poder adquisitivo

Ás portas do cobro do incremento salarial do 1,5% nunha única paga, a CIG-Ensino pon o acento na maior depreciación dos nosos salarios nun ano marcado por unha brutal alza dos prezos

A CIG-Ensino presenta o “Informe sobre Igualdade nos centros educativos”

O sindicato divulga os resultados da enquisa sobre igualdade realizada entre o profesorado galego neste primeiro trimestre do curso escolar

A CIG Ensino pon ao teu dispor material didáctico para traballar o 25N

O material está dirixido ao niveis de infantil, primaria e secundaria

A CIG-Ensino logra que aumenten 13 prazas no Concurso de Orientación

A Orde de convocatoria do concurso foi publicada no DOG hoxe, 21 de novembro.

Toda a información sobre os distintos concursos excepcionais de consolidación ao longo do estado

Prazas do concurso excepcional de méritos no estado deglosadas por corpos e especialidades

A CIG-Ensino lanza unha campaña de sinaturas pola igualdade retributiva do profesorado de FP

A acción enmárcase na necesidade de dar resposta a aqueles colectivos que quedan descolgados do proceso de integración no corpo de PES

Profesorado de FP: rigor e claridade fronte ao ruído e aos enfoques errados. O que vai facer a CIG-Ensino

Análise da situación do profesorado do corpo, para extinguir, de PTFP que non se integra no corpo de PES ou ao que lle limitan algúns dereitos no actual procedemento de integración e respostas da CIG-Ensino

A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas pola adaptación do PROENS á Educación Infantil

O profesorado de infantil quere mostrar a súa preocupación pola non adaptación do PROENS á súa etapa educativa

Unha de cal e outra de area nas resolucións xudiciais da Audiencia Nacional sobre o “XV Convenio Estatal de Atención ás Persoas con Discapacidade”

O xuíz da Audiencia Nacional dá a razón á demanda social sobre á interpretación do artigo 32.1, que a patronal decidiu recorrer nunha nova irresponsabilidade e desconsideración cara o persoal

A CIG-Ensino rende contas do traballo sindical realizado nos últimos catro anos no arranque da campaña electoral

Baixo o lema “Coa túa forza” o sindicato aspira a seguir sendo a voz maioritaria do profesorado galego, que está chamado a votar o vindeiro 1 de decembro.

Educación perde peso nos orzamentos da Xunta mentres se confirma o reforzo dos fondos ao ensino privado

O número total de docentes do ensino público mantense por baixo do existente no ano 2009 coa chegada do PP á Xunta

A CIG-Ensino faise eco das continuas queixas do profesorado pola insoportábel carga burocrática, incrementada pola elaboración das novas programacións

O sindicato denuncia que a propia administración, que non foi quen de ter os novos currículos ao día, someta agora o profesorado a presións para presentar as PD que, unha vez máis, se amosan inútiles e mesmo obstaculizan a práctica docente na aula

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 27 Novembro 2026
Rede de escolas de fronteira

Comunica a Consellaría a continuidade da Rede de Escolas de Fronteira así como os centros que a conformarán durante o curso 2026/27.

Outros 27 Novembro 2026
Interinidades en sectores singulares

Relación provisional na web da Consellaría da listaxe para cubrir interinidades e substitucións en Fabricación e instalación de carpintería e moble e en Mecanizado e mantemento de máquinas.

DOG 26 Novembro 2026
Concurso a centros de ensinanzas para adultos

Convoca a Consellaría concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

DOG 26 Novembro 2026
Concurso de orientación

Convocado concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.

Outros 26 Novembro 2026
Programa 'Impulso Mentor'

Ampliación do prazo para participarno programa “Impulso Mentor” destinado ao alumnado xitano para o curso 2026-27.

Outros 24 Novembro 2026
STEMBach

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para o recoñecemento aos traballos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2026/27.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas

Publica a Consellaría a resolución provisional, xunto co baremo e a listaxe de profesorado excluído, da especialidade de secundaria de sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en EOI

A Consellaría publica a relación provisional de profesorado admitido e excluído, así como o baremo provisional, para cubrir interinidades e substitucións en árabe, italiano, xaponés e portugués de EOI.