Lanzan o manifesto pola recuperación de dereitos e a devolución do horario lectivo do profesorado galego

O camiño trazado cara á folga no ensino do 12 de decembro segue o seu rumbo co lanzamento do manifesto unitario, que terá un protagonismo especial na manifestación con saída ás 12 da Praza de Cervantes.

A Inspección educativa presiona os centros de Primaria para incrementar ao máximo a carga lectiva das mestras e mestres

A Consellaría impón a redución de gardas e a limitación das coordinacións e dinamizacións.

Información da Mesa Sectorial da Oferta Pública de Emprego

Podes ler toda a información da mesa celebrada o día 3 de decembro

Creación de postos de traballo coa OPE 2020: CERO

O Presidente da Xunta de Galiza, o señor Feijóo, volve mostrar un total desprezo polas traballadoras e a súa representación sindical

Desacordo da CIG-Ensino cos servizos mínimos fixados pola Consellaría para a folga do 12 de decembro

O profesorado das unitarias ve imposibilitado o seu dereito de secundar a folga ao se incluír a obriga de garantir a apertura e peche de todos os centros.

A Consellaría de Educación incumpre a súa propia lexislación en materia de atención á diversidade

A administración ten sen cubrir prazas de PT e AL catalogadas, provocando a desatención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Cualtis, empresa contratada para o recoñecemento médico, deturpa a toponimia oficial e só emite informes en castelán

A CIG-Ensino denuncia a desidia da Xunta de Galiza e o desprezo da empresa Cualtis.

Rexistrada a convocatoria de folga no ensino público para o 12 de decembro

Convocatoria unitaria para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo

O profesorado faise oír en toda Galiza nas súas reclamacións por recuperar o horario lectivo anterior aos recortes

Esta tarde celebráronse concentracións simultáneas nas sete cidades galegas, convocadas pola CIG-Ensino e o resto de organizacións con representación no ensino público galego.

Publicado o concurso específico de adultos

Cun prazo de participación que vai desde o 22 de novembro ao 13 de decembro

A CIG Ensino chama ao profesorado a participar masivamente nas concentracións de mañá pola recuperación do horario lectivo

As concentracións, que terán lugar ás 19:30 horas nas sete grandes cidades galegas, están convocadas por todas as organizacións con representación no ensino público.

25N

Unidade didáctica para traballar nos centros educativos

I Xornadas de atención á diversidade

Levaranse a cabo o 23 de novembro na Coruña e contarán coa presenza de Mar Romera ou José Ramón Lago

Quizais quixo dicir:

< Febreiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28  
DOG 23 Febreiro 2026
Convocatoria oposicións

Publica o DOG a orde coa convocatoria das oposicións docentes do 2026.

Outros 20 Febreiro 2026
Programa 'Impulso Mentor'

Anunciada a convocatoria do programa piloto “Impulso Mentor” destinado ao alumnado xitano para o curso 2025-26.

Outros 20 Febreiro 2026
Competencia dixital do alumnado

Modificación das instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de ESO e Bacharelato.

Outros 20 Febreiro 2026
Resolución provisional do CXT

Publica a Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do ano 2026.

Outros 20 Febreiro 2026
Concurso de orientación

Publicada a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 19 Febreiro 2026
Concurso de Pódcasts

Convocado o VIII Concurso de Pódcasts - Radio na Biblio.