Información da mesa sectorial: concursos de adultos e orientación de primaria

Toda a información do desenvolvemento da mesa

Por que o plan de ensino virtual non é un plan?

A CIG-Ensino critica o Plan da Consellaría de Educación por sobrecargar de traballo e burocracia a direccións e profesorado e pon enriba da mesa todas as problemáticas ás que non dá solución.

A CIG-Ensino considera que o Plan de ensino virtual é un exemplo máis do absentismo da Consellaría na xestión da crise educativa desde o inicio da pandemia

Após tres meses e medio desde a última reunión para abordar a situación do ensino no marco da COVID-19, o conselleiro de Educación reuniuse por fin cos sindicatos sen achegar datos nin solucións aos problemas que se viven nos centros educativos.

A CIG-Ensino e a AS-PG poñen en aberto o material das XXIX Xornadas de lingua e literatura. Ricardo Carvalho Calero.

Con vocación de permanencia ponse a disposición da sociedade en xeral unha serie de conferencias sobre a súa vida e obra, un conxunto de propostas didácticas, a derradeira entrevista que concedeu e poemas musicados.

O Correlingua cumpre 20 anos volvendo aos centros de ensino para moverse polo galego

A tradicional festa reinvindicativa pola lingua reinvéntase para estar presente coa mesma forza nestes tempos de pandemia no ámbito educativo galego. Hoxe presentáronse en Pontevedra as actividades previstas para o vindeiro mes.

A Consellaría volve acertar cando rectifica: xa publica na súa web os datos diarios de contaxios nos centros

A CIG-Ensino deixará de publicar na súa web o documento cos datos de contaxios e aulas pechadas logo de comprobar que a Consellaría finalmente xa o fai no seu portal web

Nin eliminación da taxa de reposición, nin incremento salarial para frear a perda de poder adquisitivo

Novo capítulo do confinamento da negociación colectiva por parte do goberno español, desprezando aos sindicatos da Mesa Xeral das Administracións Públicas e impondo medidas sen previa negociación nin debate.

O conselleiro de Educación rectifica e acepta reunirse coas organizacións sindicais de forma presencial e conxunta

Finalmente a reunión celebrarse o vindeiro luns, 2 de novembro, ás 5 da tarde.

A Inspección de Traballo tamén avaliará se a Consellaría incumpre a normativa de PRL en canto ao material de protección facilitado ao persoal docente

Despois de máis dun mes desde o inicio de curso a realidade nos centros é que se esgotou ou está a piques de facelo a partida de máscaras enviadas pola Xunta e que a maioría do profesorado leva o seu propio material.

A CIG-Ensino denuncia na Inspección de Traballo que se incumpre a Lei de PRL ao respecto das avaliacións de vulnerabilidade do profesorado

Neste momento o persoal docente que solicitou que se avaliara a súa situación de risco pola COVID-19 está a recibir respostas idénticas e asinadas nalgún caso por persoal facultativo que non é especialista en Medicina do Traballo

Un novo acordo patronais-sindicatos estatais deixa de lado ás traballadoras dos centros de asistencia e educación infantil etapa 0-3

A CIG-Ensino non subscribiu esta declaración “conxunta” pola falta de medidas garantistas dos dereitos tanto laborais como salariais para as traballadoras/es do sector.

A CIG pídelle a Educación un protocolo sobre delitos sexuais no ámbito educativo

Despois de coñecer a fondo o contido do protocolo elaborado no Partido Xudicial de Santiago, e que contou coa participación de varias administracións, non así da Consellaría, o sindicato ínstaa a tomalo como referencia para a súa aplicación nos centros

Borrador do Concurso de Adultos

Texto remitido para futura mesa sectorial

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 27 Novembro 2026
Rede de escolas de fronteira

Comunica a Consellaría a continuidade da Rede de Escolas de Fronteira así como os centros que a conformarán durante o curso 2026/27.

Outros 27 Novembro 2026
Interinidades en sectores singulares

Relación provisional na web da Consellaría da listaxe para cubrir interinidades e substitucións en Fabricación e instalación de carpintería e moble e en Mecanizado e mantemento de máquinas.

DOG 26 Novembro 2026
Concurso a centros de ensinanzas para adultos

Convoca a Consellaría concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

DOG 26 Novembro 2026
Concurso de orientación

Convocado concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.

Outros 26 Novembro 2026
Programa 'Impulso Mentor'

Ampliación do prazo para participarno programa “Impulso Mentor” destinado ao alumnado xitano para o curso 2026-27.

Outros 24 Novembro 2026
STEMBach

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para o recoñecemento aos traballos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2026/27.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en sistemas e aplicacións informáticas

Publica a Consellaría a resolución provisional, xunto co baremo e a listaxe de profesorado excluído, da especialidade de secundaria de sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 23 Novembro 2026
Interinidades en EOI

A Consellaría publica a relación provisional de profesorado admitido e excluído, así como o baremo provisional, para cubrir interinidades e substitucións en árabe, italiano, xaponés e portugués de EOI.