A Consellaría desprotexe a lingua á vez que privatiza servizos

A privatización do servizo para avaliar o risco pola COVID-19 de profesorado vulnerábel e con patoloxías é tamén unha vía de desgaleguización. A Consellaría, á vez que privatiza, desprotexe a lingua ao non velar polo seu uso a través das súas contratas.

Vinte coa lingua. 20 anos de Correlingua

Fomos quen. Percorremos os centros de ensino do país desafiando a pandemia e acompañadas da mellor representación musical e artística da cultura galega.

O Consello Federal da CIG-Ensino analiza os principais retos tras o primeiro trimestre dun curso complexo e atípico

Ademais de tratar as dificultades que está a atravesar o profesorado pola errática xestión da pandemia da Consellaría, tamén se abordou a LOMLOE e a cláusula de remoción docente, a situación do profesorado técnico de FP ou o 8º Congreso do sindicato

A Consellaría está a traballar para reducir aulas e profesorado en Secundaria no curso que vén

Así se confirma despois das visitas a centros educativos da provincia da Coruña por parte de persoal técnico dunha empresa privada por encomenda da Xunta

Información da mesa sectorial da Oferta Pública de Emprego do PTFP

Oferta de emprego de PTFP e varios

O profesorado técnico interino de FP, entre a espada e a parede polas decisións do goberno español e galego

Tras o anuncio da Consellaría de convocar até 240 novas prazas, agardaremos a coñecer os detalles dunha medida anunciada como salvagarda do profesorado interino mais que pode supoñer o paro para docentes cunha longa traxectoria profesional ás costas

O Encontro Nacional de Mulleres da CIG acorda convocar folga de mulleres para o vindeiro 8 de Marzo

As asistentes analizaron a precarización e perda de dereitos derivada da pandemia

Pleno do Consello Xeral de FP: CIG-Ensino esixe ao Ministerio que ninguén perda dereitos na extinción do corpo de profesorado técnico de FP

O sindicato enviou tamén un escrito aos grupos parlamentarios do Senado no mesmo sentido e con propostas concretas para que o PTFP se integre directamente no corpo de PES sen exclusións e se dean pasos cara o corpo único docente

A CIG-Ensino denunciará na Audiencia Nacional as táboas salariais de 2020 do XII convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil

As patronais do sector néganse a adaptar as táboas salariais de 2020 ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) amosando unha grande irresponsabilidade e provocación ante as traballadoras/es da etapa 0-3

AVA: unha nova rectificación insuficiente da Consellaría

A CIG-Ensino denuncia a ausencia de negociación na Mesa Sectorial e critica que as propostas de atención virtual sexan, ademais de tardías, incompletas e faltas de concreción

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
2026
DOG 13 Xullo 2026
Novos centros plurilingës

Publicada no DOG a Orde que autoriza novos centros plurilingües e se autorizan centros educativos para impartir os programas Plurinfantil e Pluribach

DOG 13 Xullo 2026
Instrucións FP

Publicada a resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2026/27

DOG 10 Xullo 2026
FAS

Publicada no DOG a resolución provisional do Fondo de Acción Social

Outros 2 Xullo 2026
Clube de Ciencia

Convocada a selección de centros para participar no programa 'Club de Ciencia' para o curso 2026-2027.

Outros 1 Xullo 2026
Programa EduExchanges

Convocada a selección de centros para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2026/27.

Outros 30 Xuño 2026
Centros STEMbach

Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de centros STEMbach para o curso 2026-2027.