A CIG-Ensino solicita a vacinación do alumnado dos graos de educación infantil e primaria e dos mestrados de profesorado de secundaria

Unha vez detectado polo alumnado que compañeiras da rama sanitaria en prácticas foron vacinadas

CIG-Ensino reclama que Educación evite as discrepancias na xestión das incidencias pola vacinación nos centros

As distintas decisións adoptadas pola Inspección en casos nos que a convocatoria masiva de profesorado dun centro dificulta o seu normal funcionamento provoca malestar e fai preciso que de diten unha instrucións claras para o que resta de campaña

Información da Mesa Sectorial para a modificación da convocatoria de Oposicións

Información sobre a modificación da orde de oposicións e varios

Pioneiras galegas

Materiais para Coeducación

8M+LGL

Reflexións desde a lingua sobre feminismo e igualdade a partir de textos de escritoras galegas.

Información sobre priorización de colectivos docentes no resto da campaña de vacinación

CIG-Ensino e as demais organizacións da Mesa Sectorial acordan con Educación un documento para fixar prioridades na vacinación e con información sobre consideracións e incidencias durante a campaña

A CIG-Ensino pídelle ao PP que levante o veto á lingua no Parlamento, no ensino e na sociedade

Esta mañá o secretario nacional do sindicato, Suso Bermello, denunciou, xunto co resto de promotores das Bases para a normalización do galego no ensino , que o PP impedira a comparecencia na Comisión de Educación para a explicación do seu contido

A Xunta 'esquece' vacinar o persoal dos Centro de Menores malia estar incluídos no grupo 3

Os delegados e delegadas presentaron escritos en Política Social e Sanidade para demandar que, de forma urxente, comecen as citacións

O MEFP anuncia unha moratoria de 3 anos para que o profesorado técnico de FP se poida presentar ás oposicións cos requisitos actuais de titulación que non resolve o problema creado coa LOMLOE

A medida non tería incidencia en Galiza porque esgotou as convocatorias do “mal chamado acordo de estabilización de emprego” e porque este ano saen case todas as vacantes ocupadas por persoal interino polo que o principal risco é a perda de emprego

Información sobre a campaña de vacinación nos centros docentes

Na reunión convocada pola Consellaría de Educación e na que participou Saúde Pública evidenciouse que se actuou no día de onte e hoxe con precipitación

Vacinación nos centros docentes: CIG-Ensino demandará información e transparencia nunha reunión de urxencia convocada hoxe pola Consellaría

A reunión chega despois do malestar e improvisación causado onte e da demanda da CIG-Ensino ao conselleiro

Por un Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas

Asina no teu centro de traballo ou nos locais da CIG!

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de profesorado técnico de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de secundaria

Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster de profesorado de secundaria.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Estabelece a Consellaría as bases do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026-2027.

Outros 9 Setembro 2026
Proxectos Innova-Lab

Convocado o Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab para o curso 2026/27.

DOG 8 Setembro 2026
Folga no ensino concertado

O DOG publica os servizos mínimos para a folga convocada no ensino concertado o 9 de setembro.

DOG 8 Setembro 2026
Iniciación segura á pegada dixital

Convoca a Consellaría o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.